Correo electrónico: ceip.pedraio.amoeiro@edu.xunta.gal
Dependencias do centro
O CEIP Plurilingüe Ramón Otero Pedrayo de Amoeiro conta cun andar principal. Todas as aulas dispoñen de PDI.
Nesta pranta sitúanse:
- 2 aulas de educación infantil.
- 6 aulas de educación primaria (entre as que está a sala azul, antiga sala de informática).
- 1 aula de música
- Aula de PT.
- Biblioteca do Faragullas (utilizada na acollida temperá).
- Aula Pulido (utilizada como aula referencia de 3º EP).
- Baños para o alumnado.
Así mesmo tamén dispón de:
- Sala do profesorado
- Dirección
- Secretaría
- Baño dos mestres/as.
O comedor sitúase na parte de atrás do colexio que tamén fai de salón de actos, un patio interior modernizado para os días de choiva e o ximnasio. Ademais contamos preto do colexio cun pavillón do Concello que utilizamos en determinadas actividades escolares, fundamentalmente, para actividades de Educación Física, deporte escolar entre outras.