Skip to Content

Números de teléfono

Os números de teléfono do centro son:

  • 988 788 990
  • 988 788 991

O centro está situado na rúa Souto S/N (32170- Amoiero).

Dispón de amplos espazos verdes e zonas de xogo variados entre os que destacan: rocódromo, encerado para pintar, dous campos de fútbol, canastras de baloncesto, areeiro e un invernadoiro!

Pola parte de atrás do colexio existe outra zona verde con sombras, ideal para os días máis calorosos do ano.

Correlingua 2017

Fotos da actividade de fomento do galego realizada en Ourense no 3º trimestre do curso.

Xogando ao atletismo 2017

O xoves 25 de maio participamos na competición de atletismo infantil da comarca do Arenteiro, que se celebrou no polideportivo de Cea, onde pasamos unha bonita mañá de deporte e convivencia.

Pasámolo xenial, e conseguimos o 1º posto en alevíns e o 2º en benxamíns. Parabéns a todos os participantes, e en particular aos nosos alumnos polo seu bo comportamento, o seu esforzo e o gran resultado que obtiveron.

Aquí podedes ver as fotos e tamén un vídeo-resumo da actividade.

 

Fondo solidario, axudalibros e material escolar

Visita do alumnado de 6º ao IES Prieto Nespereira

O luns 22 de maio , o alumnado de 6º de primaria visitou o IES Julio Prieto Nespereira.

Alí puideron visitar as instalacións, coñecer a algúns dos profesores do ano que vén, tomar algo na cafetería, recibir información sobre a nova etapa, resolver dúbidas e reencontrarse cos seus compañeiros maiores que xa están estudando alí. Pincha na imaxe para ver todas as fotos da visita.

Día do libro 2017: "Mannequin challenge" + Bookselfie "O meu libro favorito"

Vídeo do bookselfie realizado con motivo do Día do libro...!!

 

Listaxe definitiva de admitidos. Curso 2017-2018

Obradoiro de xogos ao aire libre

Fotos do obradoiro de xogos ao aire libre organizado no derradeiro día do 2º trimestre.

Torneo de fútbol-sala 2017

En abril disputamos o torneo de fútbol-sala contra o colexio de Cambeo no polideportivo de Amoeiro.

Pasámolo moi ben e quedamos campións tanto en categoría benxamín como alevín.

Parabéns campións!!

Día da árbore e a auga 2017

Fai clic na foto para ver as fotos da celebración da Semana da árbore e a auga.

A Garda Civil fálanos das redes sociais

Charla da Garda Civil sobre os perigos de internet e as redes sociais.

Despedida da profe Eva

Pincha na imaxe para ver as fotos da despedida da profe Eva.

Xornada de Educación vial

Xornada de Educación vial para todo o alumnado do centro. Con charla da DGT e práctica en bicis co persoal de protección civil e @s profes do cole.

Xornadas de XOGOS POPULARES 2017

Fotos das xornadas de xogos populares que solicitamos este curso ao Centro Cultural Xaquín Lorenzo Xocas da Deputación de Ourense.

ENTROIDO 2017

Fotos do Entroido 2017 no colexio de Amoeiro. (Clicar na imaxe para acceder).

Distribuir contido


by Dr. Radut