Carolina, Selma e Yuleisy, de 5º, despiden o curso desta volta cun programa no que colaboran moitos outros nenos e nenas da nosa escola e das outras que participan durante todo o curso facendo programas.
Carolina, Selma e Yuleisy despídense recomendando: "Non deixedes de ler, ler e ler, porque ler axuda a soñar, a viaxar, a disfrutar, a sufrir, a aprender, a ser mellores."
COMENTARIO: O protagonista é un neno de África, da rexión do Sahel. O seu nome é Amadou. E pertence a unha tribo nómada que se chama os Kimba.
Na súa zona non hai auga, bueno, hai pero moi pouca, tamén hai pouca comida. Neste libro fálanos do día a día deste pobo africano e tamén da súa lingua, o swahili.
É un libro interesante e duro que nos recomendan os nenos e nenas de 5º, escritos por un autor nacido no barrio de Teis de Vigo, onde está o CEIP Vicente Risco.
Este programa fixérono os nenos e nenas de Infantil, Segundo, Terceiro, Quinto e Sexto de Primaria, coa colaboración dos seus mestres-as titores. Os condutores son Candela e Raúl, de 5º, e estes son os libros que se recomendan.
O gato Mimí non paraba de chorar, que tiña o gato?. O neno levouno xunta de Manuel de Padernas (o barbeiro).
Se queres saber máis, le o libro; paga a pena porque é moi divertido.
No programa da escola de Sobrada recoméndannos este libro do autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas, Manuel María, pero del tamén nos gusta moito Os soños na gaiola.
Este programa de radio inclúe a última pregunta para o concurso. Escoitade e se sabedes a resposta, deixádea aquí, no blog de 5º.
COMENTARIO: Este libro recibiu o Premio Merlín de Literatura Infantil no ano 2015 e nel podemos atopar de todo: emoción, aventura, suspense, maxia,… É unha historia que provoca moita pena nalgúns momentos pero tamén dá moita risa cando describe aos veciños da aldea mariñeira na que vive a nena protagonista.
E, ademais, ten un final que gusta moito, segundo aseguran os nenos e nenas de 5º que fan este programa.
Lucía, Hugo Rodríguez e Pablo de 5º preséntannos un libro que leron e analizaron na aula e que fala dos dereitos dos nenos e nenas en cinco historias diferentes.
É un libro do que os ingresos pola súa venda van destinados á organización UNICEF.
A todos os nenos e nenas de 5º curso lles gustou moito e esa é a razón principal para recomendar a súa lectura.
Rosalía é unha nena que ten un verdadeiro problema: escupe bolboretas pola súa boca!!
Un día o seu pai regaloulle un lapis que... escribía el soíño unhas frases preciosas!, pero que non lle gustaban nada á profesora de Rosalía. Sabedes por que? Pois porque o lapis escribía o que lle petaba.