Skip to Content
uid) : ?> Usuario: name,'user/'.$user->uid); ?> | Iniciar sesión:

Progr10: Vicente Risco - Vigo (21/01) – O MISTERIO DA CASA DO POMBAL

 

TÍTULO: O misterio da casa do pombal

AUTORA: Fina Casalderrey

ILUSTRADOR: Manuel Uhía

EDITORIAL: SM / Xerme

COLECCIÓN: O Barco de Vapor

 Os nenos e nenas de 3º curso do CEIP Vicente Risco preséntannos un libro que empeza cunha casa abandoada na que se le un cartel que di “Alúgase ou véndese”.

 Este é un programa adicado ás avoas, no que “participan” os dous nenos protagonistas da historia: Ramón e Rita.

Compartimos a despedida do programa desexándovos “Boas e proveitosas lecturas”

 


5:22 minutes (4.92 MB)

Informativo miúdo 5.- 15 de xaneiro de 2016

Noelia, de 6º, presenta un informativo cos nenos e nenas de Infantil de 4-5 anos e 1º de Primaria


1:44 minutes (1.59 MB)

Progr9: Pazos de Reis- Tui (14/01): FORMIGAS: MISIÓN PARÍS

TÍTULO: Formigas, Misión París

AUTOR:  Pere Tobaruela

ILUSTRADOR: Andrés Meixide

EDITORIAL: Xerais

COMENTARIO:

      Son unha brigada especial de  4  formigas, que teñen que resolver un caso moi complicado. A historia transcorre en ParÍs  e o doutor Paumao está polo medio.  Conseguirán resolvelo?


5:53 minutes (13.48 MB)

Progr8: As Covas - Meaño (06/01) – O XARDÍN DE IRENE

TITULO: O xardín de  Irene 

AUTOR: Xosé Neira Vilas

ILUSTRADOR: Leandro Lamas

EDITORIAL:  Embora

ARGUMENTO:  Irene ten  un xardín ao que lle ten  moito  cariño e  fala del todo o día .

Dille á súa  mestra que vaia velo, e ela vai.

Este programa foi outra homenaxe do colexio As Covas de Meaño a Xosé  Neira  Vilas, que morreu o ano pasado, o 7 de decembro  de 2015.

O escritor era o padriño da escola As Covas e no programa inclúese un anaquiño dunha entrevista telefónica que lle fixeran nun curso pasado.

Neste programa fixeron  unha pregunta para o concurso.

Escoitade e se sabedes a resposta, deixádea no blog de 5º e participade no sorteo de dous libros.


9:08 minutes (8.35 MB)

Progr7: Pazos de Reis- Tui (17/12): COLECTIVO DE NADAL

No programa colectivo de Nadal deste ano 2015 son os nenos e nenas de Infantil, Terceiro, Cuarto e Quinto de Primaria os que recomendan libros.

 E xa sabedes, un libro 'e un amigo.

 BOAS FESTAS E FELIZ ANINOVO!!


8:38 minutes (7.91 MB)

ACTIVIDADES DO NADAL NA ESCOLA

Actividade do xoves 17de decembro.

CANTOS DE NADAL E REIS

 Como vimos facendo nos últimos anos, se o tempo nolo permite, sairemos cos alumnos de 5º e 6º pola parroquia para facer OS CANTOS DE NADAL e REIS. Os  nenos/as irán cantando naquelas casas ou zonas onde saian  a recibilos e escoitalos ( admiten gustosos  pequenos agasallos ou aguinaldos). O percorrido será o seguinte:

  1. ·         Saída do cole en torno ás 9:30 cara  ás casas do Seixal.
  2. ·         As 10,15 cantarán en directo dende a Radio Municipal de Tui.
  3. ·         Se hai posibilidade, cantarán ao seu paso polo mercado( zona da entrada á obra do edificio do centro de saúde)
  4. ·         Sairán cara ao ANXO, por onde pasarán sobre as 10,45
  5. ·         Subiremos cara a Poboanza con parada na tenda de Barrocas.
  6. ·         Collemos o camiño da Porteliña que nos levará cara a  Herdeiros.
  7. ·         Iremos cara a Eirado.
  8. ·         Volta ao cole e cantos á saída.

 

Progr6: Chancelas- Poio (10/12): ESPANTALLO AMIGO

TÍTULO:  Espantallo Amigo

AUTOR: Xosé Neira Vilas

EDITORIAL: Galaxia

COLECCIÓN: Árbore

 Un programa  que serve de sentida homenaxe e recordo ao escritor Neira Vilas, finado o pasado 27 de novembro de 2015.  


5:55 minutes (5.43 MB)

Informativo miúdo 4.- 11 de decembro de 2015

Hugo e Candela de 5º, e Xana de 2º fixeron as novas para o Informativo Miúdo do 11 de decembro.


2:04 minutes (1.89 MB)

Progr5- CEIP Nº2 - Tui (03/12) - O HOME QUE PLANTABA ÁRBORES

TÍTULO:  O home que plantaba árbores

AUTOR: Jean Giono

ILUSTRADOR: Jacobo Fernández

EDITORIAL: Galaxia

COLECCIÓN: Árbore

 Neste programa, ademais de recomendarnos o libro, os nenos e nenas dannos unhas notas biográficas sobre o autor e, naturalmente, fannos a pregunta, preguntas neste caso, para o concurso do mes.

 

 Escoitade o programa e logo visitade   o blog de 5º   para deixar a resposta e participar no sorteo de 2 libros en galego. 


7:43 minutes (17.66 MB)

Progr4: As Covas - Meaño (26/11) – ESCARLATINA, A COCIÑEIRA DEFUNTA

TÍTULO : Escarlatina, a cociñeira defunta

AUTORA: Ledicia Costas

EDITORIAL: Xerais

COLECCIÓN: Merlín

ILUSTRADOR: Víctor Rivas

 

 

ARGUMENTO: Un neno chamado Román é o protagonista dun  libro de receitas feitas por unha cociñeira defunta.

Este libro gañou varios premios literarios, entre eles O Merlín de Literatura Infantil no ano 2014 e o Nacional de Literatura Infantil no 2015.

 


4:34 minutes (10.44 MB)
Distribuir contido


by Dr. Radut