Skip to Content
uid) : ?> Usuario: name,'user/'.$user->uid); ?> | Iniciar sesión:

Informativo miúdo 3.- 27 de novembro de 2015

Nesta ocasión son  Helena e Celia, de 6º, e Érica, de 3º,as que levan o peso do programa, contando como foi o Cross da Macoca, do sábado 21 de novembro. 

Participan tamén Lucas, Óscar e Rodrigo, de 4º, con información sobre os xogos do recreo. 


3:19 minutes (3.05 MB)

Progr3: Vicente Risco - Vigo (19/11) – EL ASESINATO DEL PROFESOR DE MATEMÁTICAS

TÍTULO: El asesinato del profesor de matemáticas
AUTOR: Jordi Sierra i Fabra
ILUSTRADOR: Pablo Núñez
EDITORIAL: Anaya

“As matemáticas son coma un xogo”, di o profesor e proponlles resolver enigmas e retos.Neste libro hai un asasinato, ou iso parece!, enigmas, límite de tempo, e nenos e nenas duns 13 anos esforzándose para resolver o sarillo no que se ven metidos. 

Os nenos e nenas de 6º do CEIP Vicente Risco de Vigo ofrécennos un paseo polo seu contido e recoméndannos a súa lectura.


4:51 minutes (4.44 MB)

CARREIRA ESCOLAR CAMPO A TRAVÉS "A MACOCA"

O pasado luns 16 de novembro, visitáronnos na escola diferentes autoridades para presentar a CARREIRA ESCOLAR DE CAMPO A TRAVÉS "A MACOCA".  O acto tivo lugar no noso Salón de Usos Múltiples.

 

Esta carreira celebrarase o sábado 21 de novembro na Macoca e poderá participar alumnado de 2º a 6º. Para máis detalles premede neste enlace. 

  

 

 

Informativo miúdo 2.- 13 de novembro de 2015

A colaboración para esta edición do Informativo Miúdo foi coordinada por Sara e Alba de 4º de Primaria e contaron as noticias Laura e Sara de 3º e Néstor e Lucía de 2º.


2:26 minutes (2.24 MB)

INFORMATIVO MIÚDO na Radio Municipal de Tui

INFORMATIVO MIÚDO é un programa semanal no que as escolas de Infantil e Primaria de Tui damos novas dos nosos centros e da vida escolar, a través das ondas da Radio Muncipal de Tui, RMT

A presentación foi o venres 6 de novembro de 2015 e os representantes da nosa escola foron Pilar e Iago de 6º. Aquí podedes escoitar a nosa aportación para ese día.

As emisións son todos os venres ás 11:30h, con repetición ás 14:45h, e outra vez os sábados ás 11:00h. Cada programa dura arredor de 10 minutos, e cada escola fai unha colaboración de arredor 2 minutos.

Nós iremos colgando aquí os audios das nosas participacións. 


1:21 minutes (1.24 MB)

Progr2- CEIP Nº2 - Tui (12/11) - OS SOÑOS NA GAIOLA

TÍTULO: Os soños na gaiola

AUTOR: Manuel María

ILUSTRADOR: Xaquín Marín

EDITORIAL: Xerais

Este é un programa no que os nenos e nenas do CEIP Nº2 de Tui nos dan algúns datos biográficos de Manuel María, autor ao que se lle adicarán as Letras Galegas do ano 2016, e, ademais, nos len algúns dos poemas dese libro. A música é de Suso Vaamonde, quen fixo cancións dos poemas de “Os soños na gaiola” no ano 1972.

Tamén podemos escoitar neste programa un poema que Manuel María escribiu adicado á cidade de Tui. 


9:57 minutes (22.79 MB)

Entrevista a Marga Romero

Convidámosvos a escoitar a entrevista completa que os nenos e nenas de 5º de Primaria lle fixeron a Marga Romero (Marga do Val). Nela fala de Peter Bichsel, o autor suizo a quen coñece persoalmente, dos seus traballos de escritora e tradutora e de cousas da súa propia neneza, e faino dun xeito ameno e claro. 


15:43 minutes (14.4 MB)

Progr1: Pazos de Reis - Tui (05/11) – COUSAS DA RAPAZADA

TÍTULO : “COUSAS DA RAPAZADA”

AUTOR:  Peter Bichsel

EDITORIAL: Alfaguara- Obradoiro

TRADUTORA: Marga Romero

Peter Bichsel  escribiu este fermoso libro  en alemán, pero nós lémolo en galego, grazas a tradución de Marga Romero. Neste programa, incluímos un resumo da entrevista que lle fixemos os alumnos de 5º , a esta escritora que vive en Tui.

  Polo seu título pensaredes que no libro se contan historias que lles pasan aos rapaces. Pois non, a verdade é que son cousas que lles pasan a persoas maiores, pero persoas un pouco especiais. Son especiais porque fan cousas que recordan ao que facemos os nenos. Aconsellámosvos lelo máis dunha vez e así poderedes descubrir moitas cousas interesantes. 

   Neste programa tamén hai un concurso no que podedes participar: hai unha pregunta á que tedes que contestar. Para saber o que facer, ide a este enlace do blog de 5º. 

 


10:06 minutes (23.12 MB)

Lecturas recomendadas na radio, 2015-2016

O xoves 5 de novembro empezamos a tempada de programas de radio nos que  recomendamos libros en Radio Tui. Como vén sendo habitual, emitiranse ás 11,30h e poderanse escoitar de novo ás 14:45, tamén por Radio Tui ou na súa páxina web.

 Nuns días colgaremos aquí os audios, para que os podades descargar e escoitar todas as veces que queirades.

 

 Este ano, ademais, temos un concurso con libros de agasallo. Escoitade o primeiro programa para enterarvos de como vai, lede os libros e participade.

                  

Festival fin de curso

 Infantil

   

Primeiro

 

Cuarto

 

Segundo

 

Quinto

 

Terceiro

 

Bailes de salón

 

 

 

Graduación infantil

 

Sexto

 

 

Despedida de sexto

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut