Os nenos e nenas de 3º do CEIP Vicente Risco de Vigo elixiron este fermoso libro porque están estudando este curso moitas cousas sobre o mar. Conta a historia de Martiño que se afunde nun profundo sono que o leva polas profundidades dos mares, onde vive mil aventuras. Tamén nós contaron cousas da biografía da autora e do ilustrador.
Este programa está dedicado a Carlos Casares, o escritor homenaxeado este ano nas Letras Galegas. Os nenos do CEIP nº 2 de Tui fixéronnos un bo resumo da súa vida e a súa obra. Este contiño consta de 5 capítulos e conta a historia dun neno que lle escribe unha carta a súa amiga Ana que se foi vivir a outro pobo. Por iso eles empezaron o programa lendo unha carta que lle escribiron a María, unha amiga que se foi a outro cole a Salvaterra.
Xela é unha mestra, que ría sempre e a que lle encantaban os seus alumnos, ata que un día parou de sorrir, case parecía unha vampira. Pero, por que ? Xela estaba a sufrir malos tratos por parte do seu marido. A súa vida era moi dura
Este programa gustoume moito e ademais o prepararon e gravaron os nosos compañeiros e compañeiras de 6º.aventura ; non atopo nada para que non te enganche ou para que che pareza aburrido , ao contrario é moi , moi divertido e entretido.
Ademais o autor gañou algúns premios grazas a el . Estou falando do libro “CHAMÁDEME SIMBAD”.
A clase de 5º participou no Campionato Provincial de Atletismo no Estadio da Xuventude en Pontevedra tras quedar campión no Campionato Zonal entre os colexios de Tui e Salceda de Caselas.
Xunto o CEP Pedro Caselles de Tomiño, viaxamos o luns 30 a Pontevedra para participar nas distintas modalidades atléticas como 60 m. lisos, 500 m. , lanzamentos de peso e vortex, carreira de relevos e salto de lonxitude. A esta proba provincial clasificáronse 19 escolas de 130 participantes nas distintas probas zonais. Felicitar aos nen@s do CEIP de Pazos de Reis polo décimo posto acadado e sobre todo pola súa actitude e esforzo.