Skip to Content
uid) : ?> Usuario: name,'user/'.$user->uid); ?> | Iniciar sesión:

Programa de Radio nº 48 CEIP AS COVAS DE MEAÑO: Axente Riciños

AUTOR: El Hematocrítico

ILUSTRADOR: lberto Vázquez
TRADUTORA: Anaír Rodríguez Rodríguez

RESUMO:

Non hai detalle que escape á lupa de Riciños de Ouro, a nena máis curiosa do bosque. Sopas a temperatura volcánica? Colchóns de cama que eslombarían ata unha estatua? A axente Riciños resolve o crime antes de que se cometa. Se necesitas axuda, só tes que facerlle un aceno..


5:36 minutes (28.23 MB)

Programa de Radio nº 47. CEIP PAZOS DE REIS: A señorita Bubble.

TÍTULO: A señorita Bubble

AUTOR: Ledicia Costas

COLEXIO: Pazos de Reis

RESUMO:  A xente da vila sentiu un odio repentino pola señorita Bubble desde o mesmo día da súa chegada. A inventora apareceu por sorpresa unha mañá solleira, conducindo un convertible que funcionaba a vapor, e instalouse naquela vivenda que levaba tantos anos deshabitada. Repudiárona polo seu atavío, polos seus inventos, polo seu singular xeito de vivir. Ninguén sospeitaba o que en realidade sucedía no interior da mansión da señorita Bubble.


4:12 minutes (9.61 MB)

Programa de despedida do CEIP de Pazos de Reis

Este foi o último programa deste curso. Foi ademais o último programa dos nenos e nenas de 6º do noso cole, pero tamén de outros, coma os de Sobrada.

O próximo curso , ala polo mes de novembro máis. BO VERÁN!

 


11:13 minutes (25.68 MB)

Programa 46 - La lección de August- CEIP as Covas de Meaño

 

TÍTULO: La lección de Agust

 AUTOR: R. J. Palacio

 COLEXIO: CEIP as Covas de Meaño

 RESUMO:

 Agust é un neno moi especial, a súa cara faino diferente, pero el só quere ser coma os demais. Camiña mirando o chan, a cabeza gacha, tratando sempre de esconder a súa faciana. Por que será? . Este ano vai ser moi diferente porque Agust vai ir a escola.


Agust ten un amigo especial , o seu canciño Daisy

 


6:21 minutes (14.55 MB)

Programa 45 - Arman e a fábrica podre - CEIP nº 2 Tui

TÍTULO: Arman e a fábrica podre
AUTOR: Macip Llort
COLEXIO: CEIP nº 2 de Tui
RESUMO:
Arman descubriu os trapos sucios da fábrica de Bundesfraü. Está decidido a deter o desastre e salvar os animais e as plantas de Virolainek! Para conseguilo conta coa axuda dos seus amigos, de Tim, a súa espelida mascota... e mais do SEU PODER SECRETO. Serán quen de atopar unha solución a tempo para deter os plans do envexoso e trampulleiro ministro Zhirkov?

      


9:05 minutes (20.8 MB)

Programa 44: Colectivo Letras Galegas - CEIP de PAZOS DE REIS

Varios libros . Podemos lelos todos ou escoller. SEMPRE EN GALEG


13:25 minutes (30.73 MB)

Programa 43: Así é Santiago"- CEIP de SOBRADA

TÍTULO: “ASÍ E SANTIAGO”

AUTOR: FERMÍN SOLÍS.

COLEXIO: SOBRADA DE TOMIÑO  

RESUMO :É un libro que semella unha guía turística por Santiago. Ten preciosas ilustracións  de monumentos famosos e fala de curiosidades de Santiago, dos peregrinos, da catedral,do botafumeiro. É un libro moi útil, e como no seu cole van facer un tramo do camiño portugués,  axudoulles a preparar a camiñada.


7:21 minutes (6.74 MB)

Programa 42:CEIP plurilingüe n.º 2 de Tui

AUTOR: Pere Tobaruela

ILUSTRADOR: Andrés Meixide

EDITORIAL: Xerais

COLE: CEIP plurilingüe n.º 2 de Tui

  

RESUMO.: 

FORMOS4, FORX4N, FORNEL4 e FORM4IL son as catro integrantes das FORMIG4S. Unha brigada especial que vai ata calquera recuncho do mundo para esclarecer os casos máis enigmáticos e complicados.

Misión Barcelona” leva os FORMIG4S a capital catalá o día de Sant Jordi. O caso empeza na Pedreira, un precioso edificio modernista, co Doutor Paumao poñendo en marcha un plan para conseguir que ninguén volva ler un libro nunca máis.

 

 


2:00 minutes (4.57 MB)

Programa 41: El pirata Garrapata - CEIP Vicente Risco de Vigo

TÍTULO:El  pirata Garrapata

AUTOR: Juan Muñoz Martín

COLEXIO : CEIP Vicente Risco de Vigo

RESUMO:

Garrapata é un home barrigudo e moi moi bravo e feroz, que ten unha pata de pau e un garfo no sitio dunha man.

En Londres todo o mundo lle tiña medo. Tiña nariz de Pinocho, longa e colorada coma un tomate, pero en realidade non é tan malo. Tampouco os seus compinches   o son tanto como parecen.


3:52 minutes (3.54 MB)

Progr 41: CEIP As Covas de Meaño-EL OSO QUE LEIA NIÑOS

TÍTULO: EL OSO QUE LEIA NIÑOS

AUTOR:  Gonzalo Mouree.                 

EDITORIAL: S. M.  Barco de vapor.

COLEXIO: C.E.I.P as Covas de Meaño.

ARGUMENTO:

O protagonista é un oso chamado Ñam Ñam.

 

Ñam Ñam tiña unha familia oso, pero un día uns cazadores con cans  de caza o meteron nunha gaiola. Pero Ñam Ñam era un oso de conto, non de verdade, e cando Noemí abriu o libro para lelo, Ñam Ñam lle pide axuda para saír de gaiola. Os nenos e nenas de Meaño fixérono moi ben.


5:52 minutes (13.41 MB)
Distribuir contido


by Dr. Radut