Skip to Content
uid) : ?> Usuario: name,'user/'.$user->uid); ?> | Iniciar sesión:

Programa de Radio nº 57 CEIP As Covas de Meaño “Contos de Ratiños”

AUTORA:  Arnold Lobel

TRADUTOR: Xosé Manuel González Barreiro

EDITORIAL: Kalandraka

[audio-player]
0 bytes

Programa de Radio nº 56 CEIP de Sobrada: “O lapis máxico de Malala”

AUTORA:  Malala Yousafzai

ILUSTRADORA:  Kerascoë

EDITORIAL: Xerais

TRADUTORA: María del Carmen Alonso

 

O primeiro álbum ilustrado de Malala inspirará a nenos e nenas de todo o mundo a atopar a maxia ao seu redor. Malala, como o personaxe dunha serie da televisión, desexaba ter un lapis máxico. Con el faría feliz a súa familia, borraría o cheiro a lixo da cidade, detería o tempo para durmir unha hora máis pola mañá… Pero nun momento dado caeu na conta de que había cousas máis importantes que arelar. Non lle gustaba o mundo que vía e quería mudalo. E aínda que nunca atopou un lapis máxico, decatouse de que podía traballar arreo para facer realidade os seus desexos.Este volume, fermosamente ilustrado, narra a historia de Malala para o lectorado máis novo e amosa como se pode abrazar a esperanza, mesmo nos momentos máis difíciles.


1:47 minutes (1.63 MB)

Programa de Radio nº 55 CEIP Nº 2: “Avións de papel”

AUTORA:  Xavier Estévez

ILUSTRADORA:  Marcos Viso

 EDITORIAL: Xerais

Cando o reloxo da igrexa daba as seis e media, unha das fiestras do noveno andar abriuse e un avión de papel amarelo saíu voando, tecendo eses no ceo. O avión perdeu folgos e estrelouse nun terrado de flores. Sería posible coñecer a persoa que se dedicaba todas as tardes a lanzar un avión pola ventá?Grazas a ese avionciño coñecéronse Lucas e Sara, un mozo e unha moza de sexto, que compartían o amor pola lectura e aos que lles gustaba escribir, a el historias e a ela poemas. Mais o que lle puña cara de alegría a Sara eran o debuxo e a pintura, que se converterían nun fío máxico para a súa amizade. Como aquel primeiro graffiti de Hopper na alameda, o do neno co papaventos.Unha novela sobre a amizade relatada sobre o fondo da arte urbana, dos traballos pictóricos, sexan graffitis ou murais, que humanizan a cidade e a fan máis fermosa.


9:04 minutes (16.6 MB)

Programa de Radio nº 54 CEIP de Chancelas: Hª da Bicicleta dun Home Lagarto

 

AUTORA: Fina Casalderrey

ILUSTRADORA: Laura Súa Campo

EDITORIAL: Xerais

 

Esta é a historia de Mundo, un neno que superou o ataque dos lobos ao seu rabaño, pedaleou nunha bicicleta de celador de telefonía, rubiu aos postes máis altos coma un lagarto… Pero a misteriosa desaparición do seu pai, o medo debuxado nas caras das veciñas, o loito enigmático da súa nai, as notas manuscritas nos libros… atoldaron os seus soños de futuro.

 


7:09 minutes (6.55 MB)

Programa de Radio nº 53 CEIP de Meaño: Bala perdida

AUTORA:Manuel Rivas

ILUSTRADORA: Miguelanxo Prado

EDITORIAL: Xerais

Bala Perdida é o derradeiro pirata do Atlántico Norte, un capitán escrupuloso que anda acompañado dun corvo e dun grupo de bravos mariñeiros. Para resolver unha misteriosa abordaxe na máxica Costa da Morte, Bala Perdida busca a axuda dunha moza xornalista que só dá noticias bonitas.


5:30 minutes (5.04 MB)

Programa de Radio nº 52 CEIP Nº 2: “Todo o tempo do mundo”

AUTORA: David Pérez Iglesias

ILUSTRADORA: Marcos Viso

EDITORIAL: Xerais

 

Ariadna lembra aqueles vinte días felices que pasaron entre a mañá en que chegou á aldea na furgoneta dos panadeiros e a mañá en que Valente, o seu avó, a deixou no aeroporto, camiño de Canadá, onde emigraron os seus pais despois de ser despedidos do traballo. Días inesquecibles de verán nos que esta rapaza de case doce anos aprendeu na casa da Albariza o nome de cada unha das árbores e a identificar o son do río e da fervenza, do merlo e do paspallás. Da man do avó Valente, Ariadna abre os ollos a un mundo que é por última vez e a unha maneira de camiñar pola vida que durará sempre. Unha novela emocionante, que paga a pena ler aos dez e aos cincuenta anos. Un relato moi fermoso que describe de que estamos feitos, como se conforma a propia vida e onde, con quen, ou como ordenamos prioridades.


3:14 minutes (5.91 MB)

Programa de Radio nº 51 CEIP Vicente Risco: Contos por palabras

AUTORA:Agustín Fernández Paz

ILUSTRADORA: Enjamio

EDITORIAL: Xerais

 

Este libro consta de oito contos. A súa característica é que todos se desenvolven a partir dos anuncios por palabras dos xornais."Unha chave non é suficiente" é o que abre o libro. Nel cóntase a aventura dun home que ve o ceo aberto cando atopa un anuncio indicando que "se duplica calquera chave, con ou sen mostra"."O caso do unicornio azul" conta a historia dunha unicornia que acode a unha axencia


2:20 minutes (2.14 MB)

Colectivo de Nadal

Como cada ano emítese en Radio Tui o programa  colectivo de Nadal de recomendación de lecturas realizado no noso centro. Neste primeiro programa colectivo participan os máis pequenos:

Ao alumnado de 3 anos gústanlle contos como “O polo Pepe”,        “A eiruga larpeira”, os nenos e nenas de 4, 5 anos e a 2º de Primaria  quedaron abraiados coa lectura das aventuras de  “Daniela pirata”.

Moncho e a Mancha” é o conto recomendado por 1º de Primaria, gozando moitísimo cantando o rap de Moncho,

3º de Primaria fai unha recensión sobre o libro“Derradeira carta aos Reis Magos”, un tema moi apropiado para estas datas e para estas idades.

Xa sabedes, deixádevos guiar polas suxestións dos máis pequenos cando vaiades comprar os agasallos de Nadal e escoitade o noso programa mañá, xoves 21 de Decembro sobre as 11, 30h en Radio Tui.


10:13 minutes (9.35 MB)

Cantos de Reis

Programa de Radio nº 50 CEIP DE SOBRADA: Biblioburro: Una Historia Real De Colombia

AUTOR:   JEANETTE WINTER

EDITORIAL:   JUVENTUD

O mestre Luís, un día decide cargar os seus dous burros, Alfa e Beto, con libros para levalos aos nenos que non teñen acceso a eles, por vivir en zonas rurais. Desde entón, percorre o país prestando libros. Complétase este fermoso libro cunha nota explicativa da autora contándonos que a historia está baseada en feitos reais. Unha maneira diferente e singular de promocionar a lectura. A partir de 5 anos.

 


5:56 minutes (5.44 MB)
Distribuir contido


by Dr. Radut