Colectivo de Nadal
Como cada ano emítese en Radio Tui o programa colectivo de Nadal de recomendación de lecturas realizado no noso centro. Neste primeiro programa colectivo participan os máis pequenos:
Ao alumnado de 3 anos gústanlle contos como “O polo Pepe”, “A eiruga larpeira”, os nenos e nenas de 4, 5 anos e a 2º de Primaria quedaron abraiados coa lectura das aventuras de “Daniela pirata”.
“Moncho e a Mancha” é o conto recomendado por 1º de Primaria, gozando moitísimo cantando o rap de Moncho,
3º de Primaria fai unha recensión sobre o libro“Derradeira carta aos Reis Magos”, un tema moi apropiado para estas datas e para estas idades.
Xa sabedes, deixádevos guiar polas suxestións dos máis pequenos cando vaiades comprar os agasallos de Nadal e escoitade o noso programa mañá, xoves 21 de Decembro sobre as 11, 30h en Radio Tui.
- Genre: Blues
- Length: 10:13 minutes (9.35 MB)
- Formato: MP3 Stereo 44kHz 128Kbps (CBR)
- Download audio file
- 123 downloads
- 8 plays