Skip to Content
uid) : ?> Usuario: name,'user/'.$user->uid); ?> | Iniciar sesión:

Progr18: Número 2 - Tui (17/03).- DENDE O XARDÍN, AS ESTRELAS

O lagarto Lorenzo vivía nunha fenda do muro do xardín de Mateo.
 Tiña prohibido saír de noite pero el quería ver a toda costa as estrelas. Os pais de Mateo eran músicos pero estaban dispostos a axudarlle a conseguir o seu soño de  ser astrofísico algún día. Mateo e Lorenzo compartían, sen sabelo, unha mesma paixón  e, paseniñamente, o lagarto fíxose cun sitio na súa nova  familia.

 


5:25 minutes (4.96 MB)

Progr17: As Covas - Meaño (10/03) – LÚA DO SENEGAL

TÍTULO: Lúa do Senegal

AUTOR: Agustín Fernández Paz

 ILUSTRADORA: Marina Seoane

 EDITORIAL: Xerais

 COMENTARIO: Dende Meaño recoméndannos este libro que trata un tema moi actual: a inmigración a Galicia, neste caso vista a través de Khoedi, unha nena que vén de Senegal.


6:21 minutes (5.81 MB)

Informativo miúdo 8.- 11 de marzo de 2016

Neste Informativo falan Dani e Marcos de 6º, cunha crónica sobre deporte escolar dende o CEP Altamira de Salceda de Caselas.


2:05 minutes (1.91 MB)

Progr16: Vicente Risco - Vigo (03/03) – AS ÁS DE XENOVEVA

TÍTULO: As ás de Xenoveva

 AUTORA: Uxía Casal

COLECCIÓN: Árbore

 EDITORIAL: Galaxia

Xenoveva é unha galiña  que consegue aprender a voar e ir percorrer o mundo. 

 


5:53 minutes (5.4 MB)

Informativo miúdo 7.- 26 de febreiro de 2016

Xoana, de 2º de Primaria, coordina este programa no que nos trae as novas o alumnado de 6º, 3º e 2º.

 


2:54 minutes (2.67 MB)

Progr14: As Covas - Meaño (18/02) – LENDO LENDAS, DIGO VERSOS

TÍTULO: Lendo lendas, digo versos 

AUTORES: Antonio García Teijeiro e Antonio Reigosa

 ILUSTRADOR: Xosé Cobas

 EDITORIAL: Xerais

 COMENTARIO: 

É un libro de lendas e versos, escrito en prosa e verso. É un libro moi bonito. Nos capítulos aparecen monstruos, meigas, trasnos, fadas,… todos seres fantásticos . No programa, falaron da lenda da lontra. É un libro moi novidoso , xa que acaba de saír á venda. As ilustracións son moi bonitas, con cores claras; parecen soños.

 


7:44 minutes (7.09 MB)

Progr13: Pazos de Reis- Tui (11/02): NACER. ANIMAIS EXTRAORDINARIOS

TÍTULO: Nacer.

AUTORES:  Xulio Gutiérrez  e  Nicolás Fernández

EDITORIAL:  Kalandraka – Faktoría K de libros

COLECCIÓN:

 Animais extraordinarios

RESUMO:       Un libro para coñecer os animais dende outra parte da súa vida: os partos e o nacemento; aquí enterámonos dalgúns partos curiosos no mundo animal. O canguro vermello, a anguía, os pingüíns, os golfiños,  o cabaliño de mar,... e máis datos curiosos sobre a forma de nacer dos animais que atopamos sobre a face da terra. 


7:33 minutes (6.91 MB)

Progr12: Sobrada - Tomiño (04/02) – ICÍA QUERE CAMBIAR O MUNDO

TÍTULO: Icía quere cambiar o mundo

 AUTORA: Fina Casalderrey

 ILUSTRADORA: Carmen Pernas

 EDITADO POR: Parlamento de Galicia

Este programa inclúe ademais, a nova pregunta para o concurso, a nº4, que podedes ler e respostar aquí no enlace ao blog de 5º


6:00 minutes (5.5 MB)

Informativo miúdo 6.- 29 de xaneiro de 2016

Os reporteiros deste programa son Daniela e Adán, de 6º de Primaria.


1:35 minutes (1.44 MB)

Progr11: Número 2 - Tui (28/01) – HISTORIA DA BICICLETA DUN HOME LAGARTO

 TÍTULO: Historia da bicicleta dun home lagarto

 AUTORA: Fina Casalderrey

 ILUSTRADORA: Laura Súa Campo

 EDITORIAL: Xerais

 COLECCIÓN: Sopa de Libros

 Este é outro libro da escritora Fina Casalderrey; aquí cóntanos unha historia que ocorre na Serra de Albarracín, provincia de Teruel, nos tempos da Guerra Civil española.

 Os nenos e nenas de 6º din: “Gustounos a historia; pareceunos divertida e apaixonante. Recomendamos a lectura.”

 


2:13 minutes (5.08 MB)
Distribuir contido


by Dr. Radut