Curso 2014-2015

Festival letras galegas 2015

 

Un ano máis celebramos no centro o día das letras galegas cun festival no que participa todo o centro. Este foi o resultado. fai clic na imaxe para vetr as actuacións.

 

http://musicascativas.wix.com/letrasgalegas2015

Xogos musicais

O pasado venres, os alumnos de 4 e 5 anos de Ed. Infantil realizaron unha saída para ver a actuación "Xogos musicais" de Luis Prego no auditorio de Chapela. A verdade é que o pasaron moi ben e este é un pequeno resumo.

https://www.youtube.com/watch?v=xKxsVFakpC8

Entroido 2015

ENTROIDO 2015

 

O pasado venres celebramos o entroido no pabellón do centro xa que a choiva impediunos facelo no exterior e este foi o resultado. Agardo que vos guste.

http://musicascativas.wix.com/entroido2015

Paz 2015

PAZ 2015
 
 
Os alumnos amosannos algúns aspectos importantes para conseguir a paz.
 
 
 
 
 
 

"No dudaría" (Rosario Flores). Esta é a canción que escolleu o centro para celebrar o día da paz 2015.
---

Nadal 2014

FESTIVAL DE NADAL 2014
 
 
Por fin temos preparados os videos do festival de Nadal deste ano. Unha vez máis, tivemos panxoliñas preparadas por cada curso e algunhas mestras e mestres do cole.
Para ver os videos, escolle a actuación que queres ver e preme sobre a imaxe; abrirase unha nova ventá con todas as actuacións. Lembra que podes ampliar os videos no debuxo dunha ventá que aparece ao lado do texto "youtube".

 

http://musicascativas.wix.com/cantandoosreisno2014#!festival/cvnl

 

E tamén tivemos actuacións en inglés a cargo dos rapaces de 4º, 5º e 6º.

 

 

POSTAL DE NADAL CEIP OUTEIRO DAS PENAS

 

Preme na imaxe e poderás ampliala... a ver se recoñecedes algunha das figuras!!

 
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipouteirodaspenas/?q=system/files/nadal2014g.png

 

 
 
PREMIOS E CHOCOLATADA.
 

Co Nadal chegan as Panxoliñas e o chocolate. Así que unha vez máis despedimos o trimestre cun festival de Panxoliñas no que entregamos os premios ás nenas e nenos gañadores do concurso de postais de nadal deste ano.

   
 

 

 

Polo de agora non podemos amosarvos as fotos e os videos das actuacións, pero si as da riquísima chocolatada con rosca preparada pola ANPA. Motísimas grazas polo voso traballo.

A nosa horta

A NOSA HORTA

 
 
O traballo deste tempo de outono centrouse na organización do traballo e a preparación do invernadoiro e o terreno que imos cultivar.
Montamos o invernadoiro nunha das nosas terrazas e imos gardando as sementes

 

      

 

Preparamos a mesa cos material necesario para facer as nosas medicións e anotar os rexistros de precipitacións, temperatura, presión atmosférica, direción do vento e a evolución das plantas, así como un rexistro de incidencias.

 

 
 
     

 

    

E para rematar preparamos o terreno de cultivo.

   

 

      
 
Así que so queda agardar que as nosas sementes agromen e o tempo acompañe a nosa colleita.

Magosto 2014

MAGOSTO 2014
 
O pasado mércores, desafiando á chuvia outonal que nos acompaña cada día, celebramos o noso magosto. A pesar dos chuvascos que pasaron por cesante ao longo da mañá, o certo é que puidemos asar as castañas e facer os nosos xogos todos xuntos. Este ano era especialmente importante porque o alumnado de 6º curso de Primaria encargouse de organizar e dirixir os xogos. Como non podía ser doutro xeito, fixéronno estupendamente. Parabéns!!
 

 
 

Halloween-Samaín 2014

HALLOWEEN/SAMAÍN 2014:

O pasado xoves vivimos unha terrorífica xornada de Halloween!!! Neste video podedes ver un resumo do que deu de si o día.

 

Por outro lado, este foi o taller de baile  para festexar o halloween 2014 o cal supuña o inicio de ruta de todas as clases para acceder aos seguintes talleres. Agardo que vos guste.

 

http://padlet.com/musicascativas/3u0bov5mq5i8

 

Inauguración da biblioteca 2014

INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA 2014:
 
Xa chegou o día. O pasado venres 24 foi o Día das Bibliotecas Escolares e, un ano máis, escollemos esa data para celebrar a festa da nosa biblioteca e inaugurar este curso. 
O alumando foi visitando a biblioteca por quendas, descubrindo as fantásticas novidades, recollendo as carpetas da biblioteca do 1º curso e os carnés o alumnado novo.
A partires do luns xa teremos as actividades no recreo, comezaremos co empréstito de libros e....moitas máis sorpresas que Matilda ten preparadas para este curso.
 

 

E tamén tivemos unha sesión de contacontos a cargo de dous mestres do cole, que ofreceron unha mostra das aventuras que se agochan na biblioteca.

 

Xa están expostos os fantásticos murais elaborados polas familias co lema do noso proxecto para este curso, Cultivando Lecturas.Un ano máis, a imaxinación e a creatividade adornar os nosos corredores. Anímovos a ver os murais en vivo e en directo, entrando no cole a velos, porque nas fotografías non podedes apreciar os distintos materiais utilizados nin os efectos en 3 dimensións.
Moitísimas grazas a todas e a todos polo voso esforzo. 
 
 

Visita ao mercado de Redondela 2014

VISITA AO MERCADO DE REDONDELA 2014:
 
O alumnado de Educación Infantil tamén traballa o noso Proxecto Documental Integrado ao redor da horta, "Cultivando lecturas".
Así que tamén fixeron unha visita ao Mercado Municipal de Redondela, onde, ademais de ver as diferentes seccións e tendas, os productos do mar e da horta, poideron mercar froitas e hortalizas para levar para casa. Toda unha aventura polo mercado!!!

 

Seguimos co traballo do Proxecto Documental Integrado que, como sabedes, xira ao redor da horta e ten o título de "Cultivando lecturas". Desta volta foi o alumnado de 1º e 2º quen visitou o Mercado Municipal de Redondela.  Alí, ademais de ver as diferentes seccións e tendas, os productos do mar e da horta, poideron mercar froitas e hortalizas para levar para casa. Toda unha aventura polo mercado!!!

 

Tamén o alumnado de 5º e 6º puido visitar o Mercado de Redondela e aprender moitas cousas interesantes coa exposición do segundo andar do mercado. E todo dentro do noso Proxecto sobre a horta, "Cultivando lecturas".

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet