Inauguración da biblioteca 2014

INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA 2014:
 
Xa chegou o día. O pasado venres 24 foi o Día das Bibliotecas Escolares e, un ano máis, escollemos esa data para celebrar a festa da nosa biblioteca e inaugurar este curso. 
O alumando foi visitando a biblioteca por quendas, descubrindo as fantásticas novidades, recollendo as carpetas da biblioteca do 1º curso e os carnés o alumnado novo.
A partires do luns xa teremos as actividades no recreo, comezaremos co empréstito de libros e....moitas máis sorpresas que Matilda ten preparadas para este curso.
 

 

E tamén tivemos unha sesión de contacontos a cargo de dous mestres do cole, que ofreceron unha mostra das aventuras que se agochan na biblioteca.

 

Xa están expostos os fantásticos murais elaborados polas familias co lema do noso proxecto para este curso, Cultivando Lecturas.Un ano máis, a imaxinación e a creatividade adornar os nosos corredores. Anímovos a ver os murais en vivo e en directo, entrando no cole a velos, porque nas fotografías non podedes apreciar os distintos materiais utilizados nin os efectos en 3 dimensións.
Moitísimas grazas a todas e a todos polo voso esforzo. 
 
 

Powered by Drupal - Design by artinet