Curso 2017-2018
CONCERTO UXÍA LAMBONA E A BANDA MOLONA
O pasado xoves tivemos a sorte de ter na nosa escola o grupo galego "Uxía lambona e a banda molona" que nos fixo vibrar coa súa música. Fixéronnos cantar e bailar coma tol@s cancións coma a sinfonía de Uxía, bailar coma tolos, tolo chimpín, o pirimpimpim ou unha canción que lle encantou aos profes que dicía lalala entre outras. Este é un resumo do que foi este concerto. Clica na imaxe para ver o resumo. Se queres ver todas as fotos clica AQUÍ.
SAÍDA INFANTIL: APÍPOLIS
O alumando de Ed. Infantil realizou hai uns días unha saída a "Apípolis". Se queres ver un resumo, clica na imaxe. Para ver todas as fotos clica AQUÍ.
FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS 2018
Clica na imaxe para ver un resumo do que foi o noso festival das letras galegas 2018. Se queres ver todas as fotos do festival fai clic AQUÍ.
VISITA DE XAVIER ESTÉVEZ
O luns 30 de abril recibimos a visita do autor Xavier Estévez,autor do libro "Avións de papel" que foi o escollido este ano polas nenas e nenos de 5º e 6º para a actividade "4 libros,4 autores". Durante algo máis dunha hora as nenas e nenos puideron falar co autor sobre o que lles pareceu o libro e mesmo preguntarlle directamente aspectos e dúbidas relacionados co libro e co autor en si.Respondeu a todo moi amablemente. Ao final do acto se lle entregou un marcapáxinas co seu nome gravado,como recordo do seu paso polo cole e ,tras asinar no libro de visitas, procedeuse á sinatura dos libros .
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »