Curso 2015-2016

FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS 2016

FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS 2016

 

http://musicascativas.wix.com/letrasgalegas2016

EDUCACIÓN INFANTIL FAI CINE

EDUCACIÓN INFANTIL FAI CINE

 
Achégovo o resultado final do traballo levada a cabo no  último curso de Educación Infantil sobre o cine. Estade moi atentas e moi atentos, porque o video remata cunha pequena curta de animación stop-motion feita polo propio alumnado con Mowgli como protagonista.
 
 
 

ARTE LIXO MUSICAL

Arte musical en forma de lixo. Gran traballo do alumnado de primaria que elaborou un instrumento musical partindo dalgún material de refugallo. Parabéns. fai clic na foto para ver un resumo.

https://www.youtube.com/watch?v=QnohLb0ffr4

ARTE NO OUTEIRO: Curta de animación "Árbores no camiño"

ARTE NO OUTEIRO - curta de animación "Árbores no camiño"
 
 
Por fin podemos publicar "Árbores no camiño", a curta de animación que fixemos co alumnado de Infantil dentro da convocatoria "Nós tamén creamos".
Durante un mes tivemos que crear as personaxes, os escenarios, gravar as voces e montar unha curta que dera vida ao libro. Podedes ver todo o proceso de elaboración no making-off.
 
 
 

 E este é o resultado.

 

CANTAMOS OS MAIOS

CANTAMOS OS MAIOS

 

Velaquí o traballo que fixemos para celebrar os maios. Por un lado cada clase de primaria elaborou uhas coplas para cantar o venres pasado, e que podedes ver facendo clic na seguinte imaxe.

http://musicascativas.wix.com/cantandoosmaios2016
 
E tamén todo o traballo previo que fixemos para elaborar o noso maio. Moi ben rapaces.

https://www.youtube.com/watch?v=Cn6aMoRQOr0

MAIOS DE PRATO

MAIOS DE PRATO
 
 
Achégase o 1 de maio, día no que en Redondela festexamos a chegada da primavera coa Festa dos Maios. Un ano máis pedimos a colaboración das familias para elaborar os "maios no prato", a versión reducida destas creacións de fiuncho. E un ano máis as achegas son fantásticas!! 
Moitísimas grazas polo voso esforzo e participación.
 

SAÍDA MUSICAL: INFANTIL VAI DE CONCERTO

SAÍDA MUSICAL: INFANTIL VAI DE CONCERTO.

 

O alumnado de Ed. Infantil asistiu a un concerto en Pontevedra do grupo musical Mamacabra chamado "15 primaveiras" en honor á súa longa traxectoria. Foi un concerto moi divertido. Aquí vos deixo un pequeno resumo.

 

https://youtu.be/ZXyBj-yagU0

APADRINAMENTOS LECTORES

APADRINAMENTOS LECTORES 2016
 
 
O día do libro é o noso día de apadrinamentos lectores. Así que un ano máis, o alumando de 3º, 4º, 5º e 6º puido lerlle un conto a unha nena ou a un neno de Educación Infantil, 1º e 2º. Confeso que é unha das miñas actividades favoritas e, polo que se ve, tamén dos rapaces e das rapazas. E iso que por mor da chuvia non puiden facer a lectura ao aire libre e tivemos que quedar polos corredores do cole.

UN LIBRO... UNHA AVENTURA

UN LIBRO...UNHA AVENTURA
 
 
O noso traballo colectivo ao redor do día do libro é esta fantástica aventura que se agocha detrás de cada lectura. Con tan só abrir un libro podemos voar en alfombras máxicas, chegar ata a lúa ou visitar as cataratas de Iguazú.
 
 
 
Se vos gustan as vosas fotos, podedes descargarlas premendo aqui.

ENCONTRO LITERARIO DE 1º E 2º CON OLI.

ENCONTRO LITERARIO DE 1º E 2º CON OLI.
 
 
Continuando co mes do libro, hoxe tivemos un novo encontro literario. Desta volta foi o alumnado de 1º e 2º curso quen recibiu a visita de Oli, o autor de Leocadio o león, o libro de lectura deste ano.
Durante a visita, Oli contounos un par de conto e achegounos ao seu propio mundo creativo, respondende atodas as preguntas plantexadas dende o público. Moitas grazas pola túa visita.

Powered by Drupal - Design by artinet