FESTIVAL DE NADAL 2014
Por fin temos preparados os videos do festival de Nadal deste ano. Unha vez máis, tivemos panxoliñas preparadas por cada curso e algunhas mestras e mestres do cole.
Para ver os videos, escolle a actuación que queres ver e preme sobre a imaxe; abrirase unha nova ventá con todas as actuacións. Lembra que podes ampliar os videos no debuxo dunha ventá que aparece ao lado do texto "youtube".
E tamén tivemos actuacións en inglés a cargo dos rapaces de 4º, 5º e 6º.
POSTAL DE NADAL CEIP OUTEIRO DAS PENAS
Preme na imaxe e poderás ampliala... a ver se recoñecedes algunha das figuras!!
PREMIOS E CHOCOLATADA.
Co Nadal chegan as Panxoliñas e o chocolate. Así que unha vez máis despedimos o trimestre cun festival de Panxoliñas no que entregamos os premios ás nenas e nenos gañadores do concurso de postais de nadal deste ano.
Polo de agora non podemos amosarvos as fotos e os videos das actuacións, pero si as da riquísima chocolatada con rosca preparada pola ANPA. Motísimas grazas polo voso traballo.