Skip to Content

actividades

AULA EXTERIOR

Desde hai unhas semanas xa temos instaladas no patio exterior tres mesas de traballo cos seus correspondentes bancos. 

No curso pasado a situación da pandemia obrigounos a cambiar de hábitos aproveitando mellor os espazos exteriores dos que dispón o centro como lugares de aprendizaxe.

 Á vista dos bos resultados obtidos da utilización deste recurso, estamos traballando no acondicionamento do patio para delimitar zonas de asamblea, aula ó aire libre e espazos de lecer con xogos colaborativos.

DANDO A CHAPA NO 8M

Na semana do 8 de marzo (día internacional da muller), levamos a cabo unha actividade ofertada polo Concello: “Dando a chapa no 8M”. 

Foi destinada ao alumnado de 5º e 6º EP, que participou nun obradoiro de elaboración de chapas coa monitora Mari, logo de facer unha reflexión sobre a igualdade nun interesante debate que xurdiu a raíz dunha presentación que Mari traía preparada.

ADMISIÓN CURSO 22-23

Informamos que desde o día 1 ata o 21 de marzo, está aberto o prazo de admisión do alumnado para o curso 2022-2023. 

 

A solicitude de admisión deberá presentarse no centro docente indicado como primeira opción, de xeito manual ou a través da aplicación admisionalumnado.

 

Poderán descargar a solicitude desde esta mesma web premendo enriba do enlace que aparece no bloque da dereita (Admisión curso 2022-2023) ou tamén poden recollela na secretaría do centro nos seguintes horarios:

-Luns: de 15.40 a 16.30 h.

-Martes: de 10.55 a 11.50 h.

-Mércores e xoves: de 10.05 a 10.55 h.

RUTAS DE TRANSPORTE ESCOLAR

Comunícase a todas as familias do alumnado usuario do transporte escolar que tras información recibida o luns 10 de xaneiro, mantéñense as mesmas rutas de transporte que no 1º trimestre. 

No caso de que houbera algún cambio informaríase a través de abalarmóbil e desta páxina web.

VISITA DE PAPÁ NOEL

O martes 21, último día de clase antes do comezo das vacacións de Nadal, Papá Noel visitou o noso centro por xentileza do concello de Muxía.

 

Como vivimos unha época de restricións por mor da covid, mantivemos as medidas de seguridade, así que Papá Noel, coa súa máscara, entrou en cada unha das aulas para falarnos coas súas sabias palabras. Preguntoulle ó profesorado polo comportamento do alumnado e respondeu a moitas preguntas que con curiosidade fixeron os nenos e nenas. Así soubemos onde deixara os seus renos comendo, como lle chaman cariñosamente os seus elfos, quen lle coida a súa barba, cantos idiomas sabe falar e como traballa coordinadamente cos seus pequenos axudantes para que lle dea tempo de repartir todos os agasallos na noite de Nadal.

 

Rematou a súa visita aconsellando a todo o alumnado que estudara e lera moito.

 

Aquí deixamos unha mostra do seu paso polo colexio.


RECOLLIDA DE MÁSCARAS PARA O ALUMNADO

Informamos que as familias que recibiron a axuda do material escolar e están incluidas na listaxe de admitidos para a distribución de máscaras, poderán recollelas no centro desde o xoves 16 ata o luns 21 de decembro tendo en conta os horarios e pautas que a continuación se especifican.

 

HORARIOS DE RECOLLIDA

XOVES 16/12/21

VENRES 17/12/21

LUNS 20/12/21

De 10.10 a 13.00

De 10.10 a 11.50

De 10.10 a 11.50

 

  • No momento da recollida deberán acceder ó centro pola porta do edificio da ampliación (excepcionalmente estará aberta nese horario) e dirixirse ó mostrador de secretaría onde se lle entregarán as máscaras e asinarán a recepción das mesmas.

  • Non é preciso solicitar cita previa.

  • En todo momento deberán cumprirse as normas de seguridade, autoprotección e distanciamento social. 

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO DE PRIMARIA E EDUCACIÓN ESPECIAL

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade publicou a orde pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial.

 

Para acceder ó texto completo da orde preman aquí.

 

  1. Non ten que presentar solicitude:

-O alumnado que resultou beneficiario da axuda para adquirir material escolar no curso 2021-2022.

 

  1. Ten que presentar solicitude:

-O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022 qie cumpra algunha das seguintes condicións:

  • Pertence a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €

  • Alumnado matriculado en educación especial 

  • Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.

  • Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65% 

 

Presentación de solicitudes e prazo (só para alumnado non beneficiario da axuda de material escolar):

 

-As solicitudes presentaranse presencialmente no centro (solicitando cita previa nos horarios de secretaría e dirección) utilizando o anexo I, que poden descargar desde este enlace ou recoller en secretaría.

-Tamén deberán aportar libro de familia ou volante de convivencia (excepcionalmente), anexo II, sentenza xudicial ou convenio regulador (en caso de separación ou divorcio), certificado do grao de discapacidade e documentación xustificativa de violencia de xénero (se é o caso). Toda a documentación reflectirá a situación familiar, persoal e económica a 31 de decembro de 2019.

 

-O prazo de presentación de solicitudes remata o 26 de novembro de 2021.

 

MURAL DA IGUALDADE

Entre os días 2 e 5 de novembro, a muralista Laura Caneira estivo compartindo con nós a arte da súa pintura, debuxando un mural que representa “A igualdade”. 

Esta iniciativa formaba parte do Proxecto da Igualdade promovido pola ANPA O Facho.

Todo o alumnado participou activamente na elaboración do mural, escoitando as explicacións da autora sobre o simbolismo da pintura e deixando na mesma os seus artísticos trazos.

 

Velaquí unha mostra.

OBRADOIRO DE IGUALDADE

O xoves 21 e o venres 22 de outubro todo o alumnado participou no obradoiro da igualdade. Esta actividade estivo organizada pola ANPA “O Facho” ó ter concedida unha subvención da Secretaría Xeral da Igualdade.

Vede aquí algúns momentos desta actividade.


O noso agredecemento á ANPA pola esta iniciativa.

CELEBRACIÓN DO SAMAÍN E MAGOSTO

O venres 29 de outubro celebraremos o Samaín e Magosto no colexio. Premendo no seguinte enlace atoparedes a información necesaria sobre as actividades que se van desenvolver a partir do día 27.

-Información sobre Samaín e Magosto.

Distribuir contido


by Dr. Radut