Skip to Content

actividades

COMEZO DO CURSO 2024-2025

 

Infomamos que o comezo das clases para Infantil e Primaria é o mércores 11 de setembro no horario habitual:

Entrada: 9.30 h (O centro permanecerá aberto desde as 9.20 h para a incorporación paulatina do alumnado)

Saída: 14.30 h

Comedor: de 14.30 a 15.30 h

 

COLABORADORES DO COMEDOR ESCOLAR

ANUNCIO DE APERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN DE MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA DO CEIP OS MUÍÑOS, COMO COLABORADORES VOLUNTARIOS NAS TAREFAS DE ATENCIÓN E APOIO AO ALUMNADO USUARIO DO COMEDOR ESCOLAR DURANTE O CURSO 2024-2025.

As nais, os pais, os/as titores/a legais e os/as acolledores/as familiares do alumnado deste centro de ensino, que desexen, ao longo do curso 2024-2025, colaborar de xeito altruísta nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, poderán apuntarse nas listas de admisión, que, habilitadas para este fin, se atopan na Dirección. Poden facelo a través do correo electrónico (ceip.osmuinhos@edu.xunta.gal).

O prazo para presentar solicitudes permanecerá inicialmente aberto ata o día 8 de setembro de 2024, podéndose reabrir un novo prazo, de ser o caso, ata o 22 de decembro de 2024. Durante o curso escolar 2024-2025 só se contará coa colaboración das persoas que figuren anotadas nestas listas. 

 

CINE NA RÚA

O 21 de xuño, data na que remataba o curso, todo o alumnado do centro asistiu a unha sesión de cine. Cine na rúa proxectou "O monstro mariño". Para ver as fotografías preme neste enlace.

VISITA AO DOLME DE DOMBATE, CASTRO DE BORNEIRO E CASTRO DAS BARREIRAS

O mércores 19 de xuño o alumnado de 5º e 6º EP visitou o Dolme de Dombate, o castro de Borneiro e o castro das Barreiras. Para visualizar as fotografías da saída preme neste enlace.

INSTRUCIÓNS COMEDOR ESCOLAR 24-25

Informamos que xa están publicadas as instrucións da Secretaría Xeral Técnica sobre o funcionamento dos comedores escolares no curso 2024-2025. As familias do alumnado usuario deste servizo, deberán cubrir o anexo II (Modelo de autodeclaración) con todos os datos relativos á súa renda (2023), especificando no apartado A) do modelo a cifra do importe que corresponda, no apartado B) os membros da unidade familiar, no apartado C) a renda neta per cápita, e no apartado D) deberán marcar a casilla que corresponda.

 

Para facilitar o cálculo en función da renda neta per cápita da unidade familiar e do número de menores en idade escolar, a propia Consellería incorporou na súa web unha calculadora á que se pode acceder neste enlacehttps://www.edu.xunta.es/comedores/calculadora.jsp

 

Lembren que o servizo será gratuíto nos seguintes casos:

1).-Alumnado pertencentes a unidades familiares en situación socioeconómica de exclusión social certificada polos servizos sociais autonómicos ou municipais.

2).-Alumnado en situación de acollemento residencial ou familiar.

3).-Alumnado cun grao de discapacidade declarado igual ou superior ó 33%.

4).-Alumnado pertencentes a unidades familiares vítimas de terrorismo ou violencia de xénero acreditada documentalmente.

5).-Alumnos pertencentes a unidades familiares cunha renda familiar anual neta per cápita igual ou inferior a 7.000,00€.

 

Tramitación

  • O  alumnado usuario levará unha copia do anexo II para cubrir na casa.

  • Entrega do anexo II:

Por correo electrónico (ceip.osmuinhos@edu.xunta.gal) ata o 1 de setembro de 2024..

Presencialmente na secretaría do centro desde o mércores 19 de xuño ata o venres 5 de xullo, en horario de secretaría ou dirección.

 

Lembren que o prazo remata o día 1 de setembro de 2024.

ENTREGA DE BOLETÍNS DE NOTAS

Segundo aparece recollido na  ORDE do 3 de maio de 2023 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2023/24 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia, as sesións de avaliación final de Infantil e Primaria deberán realizarse a partir do día 21 de xuño, polo que os boletíns de notas da 3ª avaliación e final poderán descargalos da aplicación Abalar Móbil a partir do mércores 26 de xuño.

Se algunha familia desexa recibir o boletín impreso deberá indicalo a través da axenda do alumno e poderá recollelo no centro o mesmo mércores 26 de xuño ás 10.00 h.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Xa está aberto o prazo de solicitude de participación no fondo solidario de libros de texto (3º e 4º EP), de axudas para adquirir  libros de texto (1º e 2º EP) e material escolar (EP e EE) para o curso 2024-2025. Para ser beneficiario desta axuda é preciso cumprir os seguintes requisitos:

 

- Ter devolto os libros de texto adquiridos coas axudas do curso 23-24 (agás o alumnado de 1º e 2º EP)

- Ter unha renta per cápita familiar igual ou inferior a 10.000 €. A renda será a do exercicio 2022.

 

Documentación a achegar:

-Solicitude cuberta preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (ED330B-anexos I e II) dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

 

No caso de tramitalo a través do centro educativo:

-Solicitude (anexos I e II) que poderán descargar neste enlace, ou recibila a través do alumnado se a solicitan por medio da axenda.

-Entrega da solicitude cuberta. Escaneada e enviada ó correo electrónico do centro (ceip.osmuinhos@edu.xunta.gal). 

En caso de entregala presencialmente, deberán facelo en horario de dirección ou secretaría.

MAIO 

LUNS

MÉRCORES

XOVES

10.55 a 11.50

15.40 a 16.30

10.00 a 10.55

15.40 a 16.30

 

XUÑO 

LUNS

MÉRCORES

XOVES

10.20 a 11.10

13.40 a 14.30

9.30 a 10.20

13.40 a 14.30

 

-Copia do libro de familia en que figuren todos os membros da unidade familiar (Se non houbo variacións con respecto ó ano anterior, non é preciso aportar a copia porque xa se dispón dela no centro)

-No caso de non ter libro de familia ou se a situación familiar a 31 de decembro de 2022 non coincide coa actual poderá presentarse sentenza xudicial de separación ou divorcio, ou de ser o caso convenio regulador onde figure a custodia; certificado ou volante de convivencia ou informe dos servizos sociais.

-Certificado acreditativo do grao de discapacidade, se fose o caso, recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.

 

O prazo para a entrega da documentación será ata o 21 de xuño de 2024.

 

O alumnado de 5º e 6º de Primaria continúa no Proxecto E-dixgal quedando exento das axudas para a adquisición de libros de texto xa que disporá de libros gratuitos en formato dixital.

PUNTO LARANXA

Xa está instalado no centro o Punto Laranxa contra o acoso e o ciberacoso escolar. Nesta páxina web tamén hai un punto de acceso virtual para que toda a comunidade educativa poida utilizar este servizo informando de posibles casos de acoso e/ou ciberacoso dentro do ámbito escolar.

 

RESULTADOS DA VOTACIÓN DAS FAMILIAS PARA A XORNADA CONTINUADA

Tras a votación celebrada o 19 de febreiro entre as familias sobre a implantación da xornada continuada, os resultados foron os seguintes:

Votos a favor: 46

Votos en contra: 26

Votos nulos: 1

Aínda que máis do 50% das familias maniféstanse de acordo coa xornada continuada, non é posible a súa implantación por non acadar o 58% de votos favorables do total do censo.

Desde o centro agradécese a alta participación das familias neste proceso, amosando así o seu interese pola mellor opción para os seus fillos e fillas.

VISITA DE PAPÁ NOEL

O xoves 21 de decembro recibimos no centro a Papá Noel. Unha xestión realizada polo concello de Muxía para que o noso alumnado tivera a oportunidade de falar con el e entregarlle en persoa as súas cartas.

 

Papá Noel amosouse moi ledo de estar con todos os rapaces e rapazas, a quen adicou unha atención individualizada e agasallou con ricos caramelos.

Distribuir contido


by Dr. Radut