Skip to Content

actividades

SUPRESIÓN DUNHA PRAZA DE PRIMARIA

O 18 de agosto saiu publicado o catálogo de centros para o curso 2023-2024, no que se reflicte a supresión dunha praza de primaria. Como consecuencia, os niveis de 1º e 2º EP agruparanse formando unha aula mixta.

SUPRESIÓN DUNHA PRAZA DE INFANTIL

Ponse en coñecemento de toda a comunidade educativa que se recibiu unha comunicación de Inspección informando sobre o peche dunha unidade de infantil, polo que no curso 2023-2024 só teremos unha aula mixta que agrupe ao alumnado de 4º, 5º e 6º EI.

INSTRUCIÓNS COMEDOR ESCOLAR 23-24

  

Informamos que xa están publicadas as instrucións da Secretaría Xeral Técnica sobre o funcionamento dos comedores escolares no curso 2023-2024. As familias do alumnado usuario deste servizo, deberán cubrir o anexo II (Modelo de autodeclaración) con todos os datos relativos á súa renda (2022), especificando no apartado A) do modelo a cifra do importe que corresponda, no apartado B) os membros da unidade familiar, no apartado C) a renda neta per cápita, e no apartado D) deberán marcar a casilla que corresponda.

 

Para facilitar o cálculo en función da renda neta per cápita da unidade familiar e do número de menores en idade escolar, a propia Consellería incorporou na súa web unha calculadora á que se pode acceder neste enlacehttps://www.edu.xunta.es/comedores/calculadora.jsp

 

Lembren que o servizo será gratuíto nos seguintes casos:

1).-Alumnado pertencentes a unidades familiares en situación socioeconómica de exclusión social certificada polos servizos sociais autonómicos ou municipais.

2).-Alumnado en situación de acollemento residencial ou familiar.

3).-Alumnado cun grao de discapacidade declarado igual ou superior ó 33%.

4).-Alumnado pertencentes a unidades familiares vítimas de terrorismo ou violencia de xénero acreditada documentalmente.

5).-Alumnos pertencentes a unidades familiares cunha renda familiar anual neta per cápita igual ou inferior a 7.000,00€.

 

As familias que se atopen nos supostos 1 a 4 do apartado anterior non precisan cubrir o anexo II sempre que presenten a documentación acreditativa.

 

Tramitación

  • O Anexo II pode descargarse no seguinte enlace:

           Anexo II. Modelo de autodeclaración e especificacións

          Tamén se pode recoller na entrada principal do colexio desde o 4 ao 14 de xullo, de 10.00 a 13.00 h

  • Entrega do anexo II:

Por correo electrónico (ceip.osmuinhos@edu.xunta.gal) desde o 4 de xullo ata o 1 de setembro.

Presencialmente na secretaría do centro desde o 4 ata o 14 de xullo, de 10.00 a 13.00h


Lembren que o prazo remata o día 1 de setembro de 2023.

RECOLLIDA DE VALES DE MATERIAL E/OU LIBROS DE TEXTO. CURSO 23-24

Desde hoxe, 3 de xullo, e ata o venres 7 de xullo, poden pasar pola secretaría do centro para recoller os vales de material e/ou libros de texto para o curso 23-24, en horario de 10.00 a 13.00h.

Quedan excluídos destas axudas os seguintes solicitantes:

****9870H

****3619H

****8629Z

****7749H

****7173N

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR. CURSO 23-24

Xa está aberto o prazo de solicitude de participación no fondo solidario de libros de texto (3º e 4º EP), de axudas para adquirir  libros de texto (1º e 2º EP) e material escolar (EP e EE) para o curso 2023-2024. Para ser beneficiario desta axuda é preciso cumprir os seguintes requisitos:

 

- ter devolto os libros de texto adquiridos coas axudas do curso 22-23 (agás o alumnado de 1º e 2º EP)

- ter unha renta per cápita familiar igual ou inferior a 10.000 €. A renda será a do exercicio 2021.

 

Documentación a achegar:

-Solicitude cuberta preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (ED330B-anexos I e II) dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

 

No caso de tramitalo a través do centro educativo:

-Solicitude (anexos I e II) que poderán descargar neste enlace, ou recibila a través do alumnado se a solicitan por medio da axenda.

-Entrega da solicitude cuberta. Escaneada e enviada ó correo electrónico do centro (ceip.osmuinhos@edu.xunta.gal). 

En caso de entregala presencialmente, deberán facelo en horario de dirección ou secretaría.

MAIO 

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

15.40 a 16.30

10.55 a 11.50

10.00 a 10.55

15.40 a 16.30

 

XUÑO 

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

13.40 a 14.30

10.20 a 11.10

9.30 a 10.20

13.40 a 14.30

 

-Copia do libro de familia en que figuren todos os membros da unidade familiar (Se non houbo variacións con respecto ó ano anterior, non é preciso aportar a copia porque xa se dispón dela no centro)

-No caso de non ter libro de familia ou se a situación familiar a 31 de decembro de 2021 non coincide coa actual poderá presentarse sentenza xudicial de separación ou divorcio, ou de ser o caso convenio regulador onde figure a custodia; certificado ou volante de convivencia ou informe dos servizos sociais.

-Certificado acreditativo do grao de discapacidade, se fose o caso, recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.

 

O prazo para a entrega da documentación será ata o 21 de xuño de 2023.

 

O alumnado de 5º e 6º de Primaria continúa no Proxecto E-dixgal quedando exento das axudas para a adquisición de libros de texto xa que disporá de libros gratuitos en formato dixital.

AXUDAS DO MINISTERIO DE EDUCACIÓN E FORMACIÓN PROFESIONAL PARA ALUMNADO NEAE

O Ministerio de Educación e Formación Profesional fixo pública a través do BOE a convocatoria de axudas para alumnado NEAE (curso 23-24).

Prazo de presentación de solicitudes: desde o día 8 de maio de 2023 ata o día 20 de setembro de 2023, ambos inclusive.

Para acceder ao texto do anuncio no BOE, prema nesta ligazón.

Para acceder á solicitude, prema nesta ligazón.

 

DÍA NON LECTIVO

O martes 2 de maio non haberá clase por ser o día non lectivo escolido polo Consello Escolar e autorizado pola Xefatura Territorial de Educación. 

VISITANDO O PARLAMENTO E A XUNTA DE GALICIA

O mércores 29 de marzo o alumnado de 5º e 6º EP visitou o Parlamento e a Xunta de Galicia.

Esta viaxe realizouse dentro do programa “Coñece as túas institucións”, unha iniciativa pertencente ao convenio de cooperación asinado entre o Parlamento de Galicia e a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades.

VISITANDO FP INNOVA GALICIA 2023

O día 23 de marzo o alumnado de 5º e 6º EP visitou a exposición FP Innova Galicia 2023 na Cidade da Cultura en Santiago.

Foi unha magnífica ocasión para achegarse ás moitas posibilidades que ofrece a Formación Profesional. O alumnado poido experimentar coas novas tecnoloxías e coñecer proxectos de innovación desenvolvidos nos centros educativos de FP co fin de mellorar diversos procesos de produción e servizos.

O alumnado poido participar ademais nos obradoiros que se organizaron sobre hidróxeno verde, ciberseguridade, biotecnoloxía, robótica aplicada, creación de videoxogos, realidade virtual e aumentada, aplicacións móbiles ou impresión dixital, entre outros.

VISITA DE ALEXANDRE NERIUM

O venres 17 de marzo contamos coa visita de Alexandre Nerium. Esta actividade estivo organizada por Susana Seoane, coordinadora do Equipo de Dinamización da Lingua.

 

Alexandre Nerium, ou Manolo López como realmente se chama, é un mariñeiro e poeta fisterrán que, ademais, tamén se ocupa do Museo do Mar de Fisterra. 

 

Manolo falounos dos seus comezos como escritor e de moitas cousas relacionadas co mar, do que é todo un experto.

 

Grazas Alexandre Nerium polas túas palabras.

Distribuir contido


by Dr. Radut