Skip to Content

actividades

DÍA DA PAZ

30/01/2013 14:50
30/01/2013 15:20
Etc/GMT+1

Celebraremos conxuntamente o día da Paz coas seguintes actividades:

A partir das 14.50h sairá a Chiquitropa. 

Todos xuntos no patio cantaremos a canción escollida para este día.

Festival de Nadal

21/12/2012 10:00
21/12/2012 13:00
Etc/GMT+1

Programa de actos:

10.20 h: Chiquitropa

10.30 h: Os pequeniques

10.35 h: Cancións interpretadas polos dous grupos de Infantil

Representación teatral

20/12/2012 15:30
20/12/2012 16:30
Etc/GMT+1

Ás 15.30 h, o alumnado de 5º de Primaria representará a obra de teatro "Revoltixo de contos".

Ó remate da mesma farase entrega dos premios do concurso de "Colgaportas" organizado pola Biblioteca.

Charla do fotógrafo Manuel Sendón

23/11/2012 15:00
23/11/2012 16:00
Etc/GMT+1

O fotógrafo Manuel Sendón reunirase co alumnado de 2º e 3º ciclos de Primaria para falar da súa experiencia ó realizar a reportaxe fotográfica sobre o afundimento do Prestige.

Saída a Muxía (Infantil e 1º ciclo de Primaria)

16/11/2012 10:00
16/11/2012 13:00
Etc/GMT+1

O alumnado de Infantil e 1º ciclo visitará a exposición fotográfica sobre o Prestige no  Salón do Voluntariado, e o porto de Muxía.

Magosto e conmemoración do 10º aniversario do afundimento do Prestige

13/11/2012 15:00
13/11/2012 16:30
Etc/GMT+1

-Actuación da Chiquitropa

-Acto en memoria do Prestige

-Xogos populares

-Degustación de castañas

Exposición e concurso de cabazas do Samaín

31/10/2012 10:00
31/10/2012 16:30
Etc/GMT+1

O Equipo de actividades Complementarias e Extraescolares organiza un concurso de cabazas. 

Haberá un premio por ciclo. O alumno que presente a cabaza máis laboriosa recibirá un diploma.

As cabazas estarán expostas no colexio e retiraranse o mércores 31 a última hora da tarde.

Distribuir contido


by Dr. Radut