Skip to Content

actividades

RECOLLIDA DE MÁSCARAS PARA O ALUMNADO

Informamos que as familias que recibiron a axuda do material escolar e están incluidas na listaxe de admitidos para a distribución de máscaras, poderán recollelas no centro desde o xoves 16 ata o luns 21 de decembro tendo en conta os horarios e pautas que a continuación se especifican.

 

HORARIOS DE RECOLLIDA

XOVES 16/12/21

VENRES 17/12/21

LUNS 20/12/21

De 10.10 a 13.00

De 10.10 a 11.50

De 10.10 a 11.50

 

  • No momento da recollida deberán acceder ó centro pola porta do edificio da ampliación (excepcionalmente estará aberta nese horario) e dirixirse ó mostrador de secretaría onde se lle entregarán as máscaras e asinarán a recepción das mesmas.

  • Non é preciso solicitar cita previa.

  • En todo momento deberán cumprirse as normas de seguridade, autoprotección e distanciamento social. 

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO DE PRIMARIA E EDUCACIÓN ESPECIAL

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade publicou a orde pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial.

 

Para acceder ó texto completo da orde preman aquí.

 

  1. Non ten que presentar solicitude:

-O alumnado que resultou beneficiario da axuda para adquirir material escolar no curso 2021-2022.

 

  1. Ten que presentar solicitude:

-O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022 qie cumpra algunha das seguintes condicións:

  • Pertence a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €

  • Alumnado matriculado en educación especial 

  • Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.

  • Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65% 

 

Presentación de solicitudes e prazo (só para alumnado non beneficiario da axuda de material escolar):

 

-As solicitudes presentaranse presencialmente no centro (solicitando cita previa nos horarios de secretaría e dirección) utilizando o anexo I, que poden descargar desde este enlace ou recoller en secretaría.

-Tamén deberán aportar libro de familia ou volante de convivencia (excepcionalmente), anexo II, sentenza xudicial ou convenio regulador (en caso de separación ou divorcio), certificado do grao de discapacidade e documentación xustificativa de violencia de xénero (se é o caso). Toda a documentación reflectirá a situación familiar, persoal e económica a 31 de decembro de 2019.

 

-O prazo de presentación de solicitudes remata o 26 de novembro de 2021.

 

MURAL DA IGUALDADE

Entre os días 2 e 5 de novembro, a muralista Laura Caneira estivo compartindo con nós a arte da súa pintura, debuxando un mural que representa “A igualdade”. 

Esta iniciativa formaba parte do Proxecto da Igualdade promovido pola ANPA O Facho.

Todo o alumnado participou activamente na elaboración do mural, escoitando as explicacións da autora sobre o simbolismo da pintura e deixando na mesma os seus artísticos trazos.

 

Velaquí unha mostra.

OBRADOIRO DE IGUALDADE

O xoves 21 e o venres 22 de outubro todo o alumnado participou no obradoiro da igualdade. Esta actividade estivo organizada pola ANPA “O Facho” ó ter concedida unha subvención da Secretaría Xeral da Igualdade.

Vede aquí algúns momentos desta actividade.


O noso agredecemento á ANPA pola esta iniciativa.

CELEBRACIÓN DO SAMAÍN E MAGOSTO

O venres 29 de outubro celebraremos o Samaín e Magosto no colexio. Premendo no seguinte enlace atoparedes a información necesaria sobre as actividades que se van desenvolver a partir do día 27.

-Información sobre Samaín e Magosto.

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 21-22

A resolución do 20 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educacion e Formación Profesional, establece o calendario para a celebración de elección de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos.

Neste apartado informarase puntualmente das accións previstas para o cumprimento do calendario electoral. Desde abalarmóbil recibirán unha notificación cada vez que se actualice a información nesta páxina web.

Agradecemos de antemán a colaboración das familias e animámosvos a que participedes activamente presentando as vosas candidaturas como representantes de pais e nais no consello escolar.

-Sorteo para a constitución da Xunta Electoral.

-Convocatoria para pais/nais e titores legais do alumnado.

-Desenvolvemento e data de votacións para pais/nais.

 

 

REUNIÓNS COLECTIVAS PARA FAMILIAS DE PRIMARIA (CURSO 21-22)

Informamos a todas as familias do alumnado das datas e horas nas que se celebrarán as reunións colectivas das titorías de Primaria.

Lembren que o acceso ao centro será pola porta do edificio da ampliación (ao lado de secretaría). Asistirá un só membro por familia, que deberá vir provisto de máscara e gardará en todo momento a distancia de seguridade.

Por cuestións organizativas deberán confirmar a súa asistencia a través da axenda do alumnado.

 

DATA

NIVEL

HORA



Luns, 25 de outubro



1º/2º EP



16:35h



Mércores, 20 de outubro



3º EP



16.35 h



Luns, 18 de outubro



4º EP



16:35h



Luns, 4 de outubro



5º EP



16:35h



Mércores, 6 de outubro



6º EP



16:35h

PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID-19 PARA O CURSO 21-22

Xa temos actualizado o Plan de Adaptación á situación covid-19 para este curso. Pódese consultar no apartado de Secretaría nos Documentos organizativos, ou ben premendo no seguinte enlace

PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID-19

XA ESTAMOS DE VOLTA

Comezamos este curso "pintando" as nosas ilusións. BENVIDOS!!

HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO. CURSO 21-22

Premendo no seguinte enlace poden acceder ó horario de atención ó público en dirección e secretaría durante o curso 21-22. Non esquezan que deberán pedir cita previa no teléfono do centro (881 880 787).

Horario dirección/secretaría

Distribuir contido


by Dr. Radut