Skip to Content

actividades

ENCONTRO VIRTUAL COA EURODIPUTADA ANA MIRANDA

O xoves 25 de marzo, o alumnado de 4ºEP mantivo unha charla virtual coa eurodiputada Ana Miranda.

Esta iniciativa, coordinada pola titora Susana Seoane, partiu da necesidade de comprender a organización política e territorial do país, tema que neste momento estaban a tratar en Sociais.

Partindo dun plan de traballo previamente deseñado na aula, Ana Miranda contestou a tres baterías de preguntas.

A primeira con cuestións xerais relativas á UE e ó Parlamento Europeo, como “Desde que ano poden votar as mulleres en Europa?, Por que a sede do Parlamento Europeo está repartida en tres cidades?, Por que o Parlamento ten forma de círculo?”

A segunda centrouse no proceso de vacinación contra a COVID en Europa. A terceira foi máis persoal e focalizada no propio traballo de Ana Miranda: “Desde cando traballas no Parlamento Europeo?, Que é o primeiro que fas cando chegas ó Parlamento?, Que é o que máis e o que menos che gusta do teu traballo?”

 

Agradecemos a atención prestada por Ana Miranda ao facernos un oco na súa apertada axenda. A súas aportacións fixeron posible ter unha visión máis próxima dun órgano tan complexo.

 

 

 

 

PRAZO DE ADMISIÓN CURSO 2021-2022

Informamos que desde o día 1 ata o 22 de marzo, está aberto o prazo de admisión do alumnado para o curso 2021-2022. 

 

Poderán descargar a solicitude desde esta mesma web premendo enriba do enlace que aparece no bloque da dereita (Admisión curso 2021-2022) ou tamén poden recollela na secretaría do centro nos seguintes horarios e sempre con  cita previa (881 880 787):

-Luns e xoves: de 15.40 a 16.30 h.

-Martes: de 10.55 a 11.50 h.

-Mércores: de 10.05 a 10.55 h.


En todo momento deberán cumprirse as normas de seguridade, autoprotección e distanciamento social. Preferentemente asistirá unha soa persoa (sen acompañantes).

CHARLAS AECC

Os días 27 e 29 de xaneiro, o alumnado participou nunhas charlas virtuais con Alba Burundarena, psicóloga da AECC. Esta actividade complementaria estaba proposta desde a ANPA  e figuraba dentro da Programación Xeral Anual para este curso.

 

Cada sesión durou 50 minutos e os contidos, relacionados coa prevención do cancro, estaban adaptados á idade do alumnado, que poido participar activamente consultando dúbidas, contando experiencias e respondendo cuestións.

 

 

ADMISIÓN ALUMNADO

Desde o 11 de xaneiro ata o 8 de febreiro está aberto o prazo de solicitude de praza para o curso 21-22 en centros adscritos. O alumnado de 6º EP do CEIP Os Muíños que desexe reservar praza no IES Ramón Caamaño de Muxía deberá cubrir o anexo proporcionado no centro e entregalo dentro do prazo establecido.

OBRADOIRO DE RADIO

Grazas á asignación recibida polo recoñecemento ó labor da biblioteca na iniciativa de voluntariado de lectura, o alumnado de 6º que participou neste programa poido desfrutar dun obradoiro de radio escolar.

 

A actividade desenvolveuse na biblioteca os días 4 e 11 de decembro da man de Sergio Pascual, que explicou os elementos fundamentais da radio (voz, efectos sonoros e silencio), o proceso de elaboración dun programa e a importancia do traballo en equipo. Así mesmo implicou ao alumnado nunhas dinámicas de grupo para traballar o control da voz (respiración, entonación…) e a creación de efectos sonoros.

 

 

 

RECOLLIDA DE MÁSCARAS PARA O ALUMNADO

Informamos que as familias que recibiron a axuda do material escolar e están incluidas na listaxe de admitidos para a distribución de máscaras, poderán recollelas no centro desde o xoves 17 ata o martes 22 de decembro tendo en conta os horarios e pautas que a continuación se especifican.

 

  • Será preciso concertar cita previa telefonicamente (881880787).

  • Se algunha familia vai recoller as máscaras de outro alumnado deberá especificalo no momento de concertar a cita.

  • No momento da recollida deberán acceder ó centro pola porta do edificio da ampliación (excepcionalmente estará aberta nese horario) e dirixirse ó mostrador de secretaría onde se lle entregarán as máscaras e asinarán a recepción das mesmas.



HORARIOS DE RECOLLIDA (PREVIA CITA)

XOVES 17/12/20

VENRES 18/12/20

LUNS 21/12/20

MARTES 22/12/20

De 12.15 a 12.45

De 15.45 a 16.05

De 10.10 a 12.45

De 15.45 a 16.05

De 10.10 a 10.50

De 15.45 a 16.05

De 11.00 a 11.45

BIBLIOTECA CREATIVA

 

Este curso solicitamos a entrada no Programa de Biblioteca Creativa, e aquí estamos dando os primeiros pasos no mundo da robótica. A coordinadora deste proxecto, a mestra Beatriz Ponte, foi a encargada de titorizar ó alumnado de 5º EP no seu primeiro contacto cos “Escornabots”

 

 

VISITA DE ADELA FIGUEROA PANISSE

O martes 17 de novembro recibimos no centro a Adela Figueroa Panisse, catedrática de Bioloxía e Xeoloxía e escritora galega. Adela foi alumna de Ricardo Carvalho Calero cando, na súa infancia, estudaba no Colexio Fingoi de Lugo.

Esta visita foi organizada pola coordinadora do EDL, Susana Seoane.

 

O alumnado de 5º e 6º EP tivo a sorte de coñecer as vivencias persoais de Adela como alumna de Carvalho Calero, ademais de saber como era o carácter do escritor, os seus gustos e afeccións e moitos detalles da súa vida.

 

Adela tamén mantivo unha xuntanza co profesorado na biblioteca escolar para afondar sobre a figura do escritor a quen se lle adicaron as Letras Galegas este ano.

 

Foi todo un pracer escoitarte, Adela.

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO DE PRIMARIA E EDUCACIÓN ESPECIAL

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade acaba de publicar unha orde pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial.

Para acceder ó texto completo da orde preman aquí.

 

Serán beneficiarios:

-O alumnado que resultou beneficiario da axuda para adquirir material escolar.

-O alumnado que non fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar pero:

  1. Pertence a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €

  2. Estea matriculado en educación especial cunha discapacidade igual ou superior ao 65% (con independencia da renda da unidade familiar)

 

Presentación de solicitudes e prazo:

-Non terá que presentar solicitude o alumnado que fose beneficiario da axuda para adquirir material no curso 20/21.

-Presentarán solicitude as familias do alumnado que non presentara a solicitude para material escolar no seu momento.

-As solicitudes presentaranse presencialmente no centro (solicitando cita previa nos horarios de secretaría e dirección) utilizando o anexo I, que poden descargar desde este enlace ou recoller en secretaría.

-Tamén deberán aportar libro de familia ou volante de convivencia (excepcionalmente), anexo II, sentenza xudicial ou convenio regulador (en caso de separación ou divorcio), certificado do grao de discapacidade e documentación xustificativa de violencia de xénero (se é o caso). Toda a documentación reflectirá a situación familiar, persoal e económica a 31 de decembro de 2018.

 

-O prazo de presentación de solicitudes remata o 27 de novembro de 2020.

 

INFORMACIÓN PARA OS MEMBROS DO CLUB DE LECTURA (5º e 6º EP)

Estimadas familias de 5º e 6º EP, se os seus fillos ou fillas pertencen ó club de lectura, agradeceríamos que leran a información premendo no seguinte enlace:

Club de lectura "Papalibros"

 

Distribuir contido


by Dr. Radut