Skip to Content

actividades

ACOLLIDA VIRTUAL PARA O ALUMNADO DE 4º DE INFANTIL

Todos os anos, no mes de xuño, convidamos ás familias do alumnado que se incorporará a Infantil a que acompañen aos seus fillos e fillas para pasar con eles un ratiño na escola. Deste xeito os futuros alumnos xa entran en contacto cos seus compañeiros e compañeiras coñecendo a aula que compartirán e pasando todos xuntos o tempo de lecer do recreo.

 

Como este ano, a causa da pandemia, non foi posible organizar esa acollida presencial, a mestra de Infantil Jessica Vázquez elaborou un vídeo co alumnado de 4º EI para dar a benvida virtual a eses pequenos e pequenas que proximamente estarán con nós. Agardamos que sexa do agrado de todos. Premede neste enlace para visualizalo.

 

 

ACOLLIDA VIRTUAL PARA O ALUMNADO DE VIRXE DA BARCA

Como ben sabedes, pola situación actual da pandemia, non poidemos facer unha xornada de acollida para o alumnado do CEIP Virxe da Barca que o vindeiro curso estará matriculado en 3º EP no noso centro. É unha mágoa non poder presentarlles ós seus compañeiros e compañeiras e, xunto con eles, facer unha visita guiada polas nosas instalacións para rematar no patio e poder disfrutar dun momento de xogo.


Sen embargo non queríamos deixar que rematase este curso sen poñernos en contacto con eles para darnos a coñecer e para que saiban que os estamos agardando. Por iso preparamos esta “acollida virtual”. A mestra Mari Rey (secretaria do centro), xunto co alumnado de 2º EP elaborou este vídeo para que os rapaces e rapazas de Virxe da Barca saiban con quen van compartir o próximo curso e coñezan o noso cole por dentro. Preme aquí para visualizalo.

 

 

HORARIO DE XUÑO

Lembramos que o horario do alumnado a partir do martes 1 de xuño é de 9.30 h a 14.30 h, agás os martes que

sairán ás 14.15 h. O servizo de comedor funcionará de 14.30 h a 15.30 h. (Os martes será de 14.15 h a 15.15 h.)

CAMPAÑA DE SENSIBILIZACIÓN COA FAXPG

Os venres 21 e 28 de maio celebramos no centro unhas charlas de sensibilización para romper os estereotipos sobre as persoas xordas e fomentar a súa inclusión na sociedade.

 

Para esta actividade, que foi proposta pola ANPA, o colexio contactou coa FAXPG (Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia). Deste xeito, achegáronse ó centro unha profesora de lingua de signos e unha intérprete que durante unha sesión acompañaron a cada grupo para falar sobre moitos aspectos relacionados coa xordeira.

AXUDAS FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR. CURSO 2021-2022

Estimadas familias:

 

Informamos de que xa está aberto o prazo de solicitude de participación no fondo solidario de libros de texto (3º e 4º EP), de axudas para adquirir  libros de texto(1º e 2º EP) e material escolar (EP e EE) para o curso 2021-2022. Para ser beneficiario desta axuda é preciso cumprir os seguintes requisitos:

 

- ter devolto os libros de texto adquiridos coas axudas do curso 20-21 (agás o alumnado de 1º e 2º EP)

- ter unha renta per cápita familiar igual ou inferior a 10.000 € (para libros de texto) ou igual ou inferior a 6.000 € (para material escolar). A renda será a do exercicio 2019.

 

Documentación a achegar:

-Solicitude cuberta preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado dispoñible nos seguintes enderezos: https://www.edu.xunta.es/fondolibros/ ou  https://sede.xunta.gal  

 

No caso de tramitalo a través do centro educativo:

-Solicitude (anexo I) que poderán descargar neste enlace, ou recibila a través do alumnado se a solicitan por medio da axenda.

-Entrega da solicitude cuberta. Preferiblemente escaneada e enviada ó correo electrónico do centro (ceip.osmuinhos@edu.xunta.gal). En caso de entregar presencialmente, deberán pedir cita previa chamando ó teléfono 881 880 787.

-Copia do libro de familia en que figuren todos os membros da unidade familiar (Se non houbo variacións con respecto ó ano anterior, non é preciso aportar a copia porque xa se dispón dela no centro)

-No caso de non ter libro de familia ou se a situación familiar a 31 de decembro de 2019 non coincide coa actual poderá presentarse sentenza xudicial de separación ou divorcio, ou de ser o caso convenio regulador onde figure a custodia; certificado ou volante de convivencia ou informe dos servizos sociais.

-Certificado acreditativo do grao de discapacidade, se fose o caso, recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.

 

O prazo para a entrega da documentación será ata o22 de xuño de 2021.


O alumnado de 5º e 6º de Primaria continúa no Proxecto E-dixgal quedando exento das axudas para a adquisición de libros de texto xa que disporá de libros gratuitos en formato dixital.

ENCONTRO VIRTUAL CO ESCRITOR HÉCTOR CAJARAVILLE

O venres 14 de maio, o alumnado de 5º e 6º EP disfrutou dun encontro virtual co escritor Héctor Cajaraville. 

Desta volta, o club de lectura escolleu a novela “Kusuma” da autoría de Héctor Cajaraville. O escritor deu resposta ás cuestións propostas polo alumnado do club e comprometeuse a asinar os seus exemplares.

 

Esta actividade, que está incluida na programación da biblioteca, foi organizada polas mestras coordinadoras do club de lectura, Mª José Abelleira e Susana Seoane.

OBRADOIRO DE CORRESPONSABILIDADE DA ANPA

Unha das actividades propostas pola ANPA neste curso foi un “Obradoiro de corresponsabilidade” para fomentar a igualdade e vencer os estereotipos de xénero creados pola propia sociedade.

Nesta iniciativa, levada á práctica por Manel e Sofía, demostrouse que as tarefas do fogar pódeas realizar indistintamente papá ou mamá e o traballo compartido é máis levadeiro e divertido.

Durante catro tardes, todo o alumnado de Infantil e Primaria pasará por este obradoiro no que poderán varrer, fregar, facer a cama, poñer a mesa, tender a roupa, pasarlle o ferro e dobrala.

Ao remate, o alumnado cubrirá un cuestionario e recibirá como agasallo un exemplar de “Os Bolechas pola igualdade”.

 

O noso agradecemento á ANPA “O Facho” por esta iniciativa.

DÍA NON LECTIVO

Informamos que o vindeiro martes 18 de maio non haberá clase por ser o día non lectivo escollido

polo Consello Escolar e autorizado pola Xefatura Territorial de Educación.

ENCONTRO VIRTUAL DO CLUB DE LECTURA COA ESCRITORA MARÍA CANOSA

O luns 12 de abril, o alumnado de 5º e 6º EP participou nun encontro virtual coa escritora María Canosa. Esta actividade forma parte da programación anual da biblioteca e estivo organizada polas coordinadoras do club de lectura destes niveis, Mª José Abelleira Pequeño e Susana Seoane Dovigo.

 

Este curso o título seleccionado para o club de lectura foi “Muriel”, de María Canosa, de aí que a autora fixera oco na súa axenda para atender ó noso alumnado e contestar as preguntas que tiñan preparadas. Ademais María propuxo que lle leváramos todos os exemplares do alumnado para poder asinalos.

 

 

 

 

 

XORNADA DE SENSIBILIZACIÓN AMBIENTAL

O pasado 7 de abril todo o alumnado do centro poido participar nunha charla sobre sensibilización ambiental para fomentar o uso do punto limpo municipal e a separación axeitada de residuos nos distintos colectores.

 

Esta actividade, que se celebrou ó aire libre, estivo organizada polo concello de Muxía e contou coa colaboración de dúas monitoras que, ademais de proporcionar información axeitada á idade do alumnado, repartiron folletos para que este asesoramento poida chegar ás familias.

            

 

            

Distribuir contido


by Dr. Radut