Animación á lectura

O día do libro

Hoxe celebramos o Día do libro!

Alguén sabe cal é a orixe desta conmemoración? Para sacarnos de dúbidas, os nenos e nenas máis maiores asistiron a unha presentación, feita por un mestre do colexio, na que se falaba deste día tan importante.

Ademais, este ano é aínda máis especial xa que é o centenario do nacemento de Gloria Fuertes. Por este motivo, nas aulas traballouse a esta gran escritora: algúns nenos e nenas fixeron traballos, ilustraron poemas e memorizáronos para recitarllos aos seus compañeiros e compañeiras.

DÍA DO LIBRO

   Para conmemorar o Día do Libro realizamos varias actividades colectivas.

   En E. Infantil e 1º e 2º tivemos a visita do contacontos Iago López  ( grazas a editorial Anaya). Para os demais grupos, a ilustradora lucense Susana López Vilanova acercou o mundo da arte á literatura (grazas á editotial Santillana).

LECTURAS DE TERCEIRO E CUARTO

 

  Desde unha estrela distante narra a historia dunha nena, Daniela, que descubre nun baúl do desván da casa da súa avoa, a un extraterrestre. Este fala moitos idiomas e ven para coñecer como é a xente do planeta Terra.

  En No corazón do bosque, unha nena, Raquel, foi de excursión a un bosque cos seus compañeiros. Cando volta para a casa traerá a un diminuto trasno agochado na súa mochila chamado Derdrín...

    Autor: Agustín Fernández Paz 

 

LECTURAS DE SEXTO

   Os alumnos-as de sexto de primaria imos ler estes dous libros durante este trimestre.

   En Sopa de Europa ( autor  Rafael Ordóñez) os alumnos non sabían que lles esperaban as vacacións máis orixinais da súa vida. Gañaran o concurso: Conoces Europa? e o premio consistía nunha viaxe por Europa. Cada alumno irá a un país diferente e terá que facer unha redacción contando a súa experiencia. Cada redacción é unha sorpresa. Disfrutádeo!

NOVAS ADQUISICIÓNS

Estas son algunhas das novas adquisicións que fixemos para a nosa Biblioteca. Anímate e ven a descubrilas.                                                                 

                               

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer