Skip to Content

DOAZÓN AOS SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO DE FOZ

 

Como xa sabedes o alumnado de 6º do curso 2019/2020 do CEIP O Cantel non puido desfrutar da súa viaxe de fin de curso debido á situación sanitaria na que nos atopabamos.

 A pesares de que se fixo o sorteo das cestas que tiñan preparadas, ninguén as reclamou, así que se acordou facer una doazón das mesmas, así como dos cartos que se recadaran ata o inicio do confinamento aos Servizos Sociais do Concello de Foz para o seu reparto entre as familias que son usuarias do seus servizos de Banco de Alimentos e Roupeiro.

No mes de Decembro, acompañados pola Concelleira de “Servizos sociais e familia”,  Ana Rojo, fixemos unha compra de alimentos e útiles de primeira necesidade polo importe total dos cartos recadados.

O día 2 de Decembro entregouse no Banco de alimentos dita compra e o contido das cestas. Aquí vos poño unhas fotos:

         

         

 

Dende os Servizos Sociais e o Concello de Foz queren agradecervos a todos os nenos e nenas e ás familias esta doazón que será repartida entre as familias usuarias destes servizos.

 



page | by Dr. Radut