Skip to Content

BO VERÁN!

Ola nenos e nenas! O primeiro dicirvos que me encantaría poder despedirme en persoa de vós e poder facer unha festiña na clase de reforzo para celebrar a fin de curso. Como isto non pode ser quero deixarvos por aquí unhas palabras de despedida.

 

Este curso foi bastante estraño para todos e só puidemos compartir dous meses de clase de reforzo no cole, aínda así, quero dicirvos que estou moi contenta polo traballo realizado e o tremendo esforzo que sei que fixestes, especialmente nestes últimos meses.

 

Aos que seguides no cole para o ano que ven deséxovos que o reencontro en setembro seña fantástico e que oxalá o próximo curso se poida levar a cabo coa maior normalidade posible. Seguide traballando tan ben como ata agora!

 

Ao alumnado de 6º que para o ano se vai para o instituto, os meus mellores desexos para esta nova etapa que comezades. Coa vosa dedicación e esforzo seguro que as notas no instituto son igual de boas que no cole.

 

Finalmente, desfrutade moitísimo do verán, que ben merecido o tedes!!

 

 

Unha aperta para todos e todas!!

 

 

Tania



page | by Dr. Radut