Skip to Content

TAREFAS SEMANA DO 27AO 30 ABRIL

Hello families!!

Comezamos nova semana, como o levades??

Temos novidades!!  Coméntovos:

- O blog seguirá en funcionamento, irei colgando actividades de tipo lúdico (xogos, contos, vídeos...), e tamén vos propoñerei algún “challenge” máis. Todas estas actividades aparecerán na páxina principal e serán voluntarias.

- A partir de agora enviarei semanalmente algunhas tarefas para realizar na casa. Fareino a través das titoras, enviaranas o mesmo día que envíen as súas. Estas tarefas será obrigatorio presentalas, xa que preciso ter constancia de que se levan a cabo.

 Prepareivos un apartado no blog: ACTIVITIES AT HOME, onde tamén podedes atopalas por se tedes algún problema para recibilas ou se perden. Neste lugar do blog estarán a disposición de todo o mundo (recordade que son as mesmas que ides recibir das titoras, só están aí como recurso en caso de necesidade).

 As tarefas serán de repaso e ampliación de temas xa traballados, tanto do curso actual como de cursos anteriores, así que espero que non teñades ningún problema para realizalas.

Van a ser maiormente fichas interactivas. Eu enviareivos o enlace e vós só tedes que clicar nel e xa podedes facelas directamente e ENVIALAS dende a páxina web. Pódense facer desde calquera dispositivo (móbil, tablet ou ordenador). Enviareivos as instrucións  no documento das tarefas.

Recórdovos o email de Inglés:

 EnglishOCantel@yahoo.com

En caso doutro tipo de tarefas (as que non sexan interactivas) faranse na libreta ou nun folio (podedes imprimilas na casa ou envialas ao concello). Unha vez rematadas podedes sacarlles foto co móbil ou envialas como arquivo (pdf, doc...) ao email que vos puxen máis arriba.

 MOI IMPORTANTE:  as fichas non interactivas, por favor, enviádemas todas xuntas nun só correo cando estean rematadas co nome e o curso do alumno/a, para poder levar mellor control das que vou recibindo e poder contestarvos a todos.

AVISO para o alumnado de 5º de Primaria: Este grupo recibirá todos os traballos a realizar a través da plataforma Edixgal.

Para calquera dúbida ou aclaración ou se tedes problemas para enviarme algo, podedes contactar comigo no mesmo email que vos ofrezo para enviar as actividades. Contestarei o máis rápido que poida a cada unha delas.

Hugs and kisses

 Teacher Sonia

 

 

 



page | by Dr. Radut