Skip to Content

Eco-reto

RECICLAMOS E REUTILIZAMOS

OS NENOS E NENAS DE 5 ANOS SEGUEN A REUTILIZAR

Curso 21-22

Eco-Reto Voz Natura de decembro

Reutilizamos

 

Nesta ocasión reutilizaron botes de cristal para facer un bonitos portavelas.

Os nenos de 5 anos están a contribuir co coidado do planeta reutilizando e reciclando obxectos como vasiños de conservas ou iogures para facer adornos ou neste caso portavelas.

MOI BEN!!

EXPOSICIÓN DE ADORNOS

 

EXPOSICIÓN DE ADORNOS CON ELEMENTOS DA NATUREZA  OU RECICLADOS.

Curso 21-22

 

Aquí vos deixamos un pequeno vídeo que recolle todo o voso traballo. Coma sempre moitísimas grazas por participar e animarvos a facer esta actividade en familia.

Esperamos que todos estes preciosos adornos vos acompañen nestas festas.

Que teñades un moi bo Nadal!!Felices Festas!!

 

Tamén contribuímos ca iniciativa de Voz Natura dos Eco-retos,o de decembro anímanos a reutilizar calquera material ou obxecto. Eco-reto decembro: Reutilizamos

FACEMOS ANIMAIS CON ELEMENTOS DA NATUREZA

 

 

ELABORAMOS ANIMAIS CON ELEMENTOS DA NATUREZA

 

Os alumn@s de 4º animáronse a facer algunhas das actividades propostas por Voz Natura. Nesta ocasión elaboraron animais con elementos naturais.

Quedáronlle moi chulos!!

 

 

 

ECO-RETO VOZ NATURA. DECEMBRO:REUTILIZAMOS

 

ECO-RETO DECEMBRO.

REUTILIZAMOS

 

Moitas actividades estamos a facer neste mes de decembro relacionadas co eco-reto Reutilizamos.

Nenos e nenas de infantil reutilizan bandexas de poliespam e recipientes de conservas ou otros alimentos para facer preciosos portafotos que nos poden servir para regalar no Nadal.

Tamén elaboraron xoguetes, un "Tira e encesta" con vasos de plástico. 

Outra actividade interesante que fixeron foi reutilizar papel de periódico, pintarono de cores e fixeron papel de regalo.

 

 

Oura actividade moi chula dos nenos e nenas de 5 anos de infantil fo  decorar CDs para facer bonitos adornos para colgar na árbore de Nadal coas súas fotos.

 

 

 

 

Na clase de relixión fixeron entre todos un bonito Belén con follas de diferentes cores e formas.

 

ECO-RETO NOVIEMBRE.INVESTIGAMOS

 

ECO-RETO NOVEMBRO

Os nenos e nenas de 4 anos de infantil animáronse co eco-reto de Voz Natura e investigaron sabore dos froitos do outono. Non so sabores, tamén texturas, cores e aromas.

Probaron granadas, uvas, peras, kiwis, caquis, castañas...

 

ECO-RETO NOVEMBRO.

ECO-RETO DE NOVEMBRO

Curso 2021-22

 

Esta vez animáronse os nenos e nenas de infantil a facer o eco-reto de Voz Natura de novembro. Investigaron a flora da contorna,  follas, landras, noces, piñas... coas súas lupas. Fixáronse nas direntes cores, texturas, tamaños...

Fixeron un traballo moi bo!!

ECO-RETO VOZ NATURA. NOVEMBRO

NOVO ECO-RETO DE VOZ NATURA

NOVEMBRO

RETO INVESTIGAMOS

Os nenos e nenas de segundo animáronse de novo cos retos de Voz Natura. Este mes de novembro o reto é investigar flora e fauna. Estiveron recolectando diferentes tipos de plantas e follas.

Fixeron unha exposición con todas elas, recolleron diferente información e puxerona ao alcance de todos para compartir o que aprenderon.

Moi bo traballo investigador@s!

 

ECO-RETO VOZ NATURA. OUTUBRO.

ECO-RETO LIMPAMOS A NATUREZA.

VOZ NATURA

Curso 21-22

Os nenos de primeiro animáronse a participar no eco-reto Voz Natura de Outubro. Limparon 25 metros de natureza. Quedaron sorprendidos coa cantidade de lixo que se pode atopar en tan pouco percorrido.

Grazas chicxs!!

 

Deixámosvos os eco-retos de cada mes por si vos apetece participar. É unha iniciativa tamén para as familias. Se vos animades a facer algún dos retos, achegádenos unha foto antes de que remate o mes do reto e subirémola ao noso instagram. Podedes sacar a foto sen que se vexan as caras. 

 

 

Deixámosvos o enlace ao pdf dos eco-retos por si a fotografía non se ve ben.

Distribuir contido


by Dr. Radut