No seguinte video podedes desfrutar dunha Visita virtual do noso cole:
(O video é longo e pode tardar un pouquiño en cargar)
Solicitude de admisión. Anexo II - modelo ED550B
Esta solicitude poderase recoller na secretaría do centro educativo ou descargala na aplicación de xestión das solicitudes de admisión da Consellería de Educación da Xunta de Galicia.
As solicitudes, unha vez cubertas e asinadas correctamente, poderanse entregar na secretaría do centro do 1 ao 20 de marzo en horario de mañá de 9:15 a 14:15h. No caso de dificultade para poder entregar neste horario de mañá, contactar co centro educativo no teléfono 886120057.
Se as solicitudes son cubertas na mesma aplicación e enviadas a través da sede electrónica da Xunta con certificado dixital ou chave 365 o prazo de presentación será ata antes de rematar o 20 de marzo.
Xornadas de portas abertas, sen cita previa. Se algunha familia non poidera visitar o centro neste horario, buscarase outro alternativo.