Equipo da biblioteca
Ao cargo do funcionamento da biblioteca estamos un equipo, formado por varias profesoras coordinado pola Mestra Dinamizadora da Biblioteca.
As nosas competencias principais son:
Elaborar o plan de traballo para a utilización da biblioteca escolar, a partir do proxecto lector do centro. |
Recompilar as informacións, materiais e os recursos necesarios para o bo funcionamento do servizo bibliotecario co fin de facilitalo ao profesorado e ao alumnado. |
Organizar e coordinar as actividades que se levarán a cabo na biblioteca escolar e difundir traballos, experiencias e novidades a través de diversas publicacións. |
Establecer criterios para a adquisición e actualización dos fondos bibliográficos. |
Recoller propostas e suxestións do profesorado co fin de mellorar as actuacións relacionadas co desenvolvemento da competencia lectora/escritora, o gusto pola lectura e as habilidades de traballo intelectual.
|
ü Tamén contamos cun equipo de Axudantes de Biblioteca, que son os/as alumnos/as de 6º curso de Primaria que colaboran no funcionamento e xestión da biblioteca durante os recreos e noutras actividades que puntualmente se leven a cabo.
ü Así mesmo, temos o apoio e participación de todo o profesorado, motivando e favorecendo o hábito lector, levando a cabo, en coordinación co Equipo da Biblioteca, a formación de usuarios dos/as alumnos/as da súa titoría, alentado e motivando a participación do alumnado nas actividades que propoñemos e utilizando as posibilidades documentais, informativas e de lecer que ofrecemos.
ü Non nos esquecemos das familias que teñen un decisivo papel en todo o proceso educativo, tamén no relacionado coa biblioteca: creación de hábitos e gustos lectores, uso crítico das fontes de información, desenvolvemento de habilidades para o uso de ditas fontes, etc.