Skip to Content

Reapertura de prazos para presentar solicitudes de admisión de alumnado

 

INFORMACIÓN IMPORTANTE

PROCESO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2020-2021

Prazo de presentación de solicitudes de admisión:

Restablecerase o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma, de xeito que se iniciará o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes (ambos incluídos).


Recolleremos os documentos de admisión no CEIP Plurilingüe e Abalar Nº 2,  na Avenida da Concordia s/n de Tui, en horario de 10.00 a 14.00. Preferiblemente, por cuestións de seguridade sanitaria, concerten cita previa no 886 120 057 / 663 032 481 ou no correo ceip.numero2.tui@edu.xunta.es. Para a ocasión, vir con luvas e máscara, a ser posible.

Documentación necesaria:

  • DNI ou Libro de Familia do neno, orixinal e copia.

  • No caso de estar matriculado noutro centro hai que traer certificado de matrícula.

 

NOVOS PRAZOS DO RESTO DO PROCESO DE ADMISIÓN:

  • Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo (de ser o caso): ata o día 26 de maio de 2020.
  • Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño de 2020.
  • Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.
  • Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020.
  • Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: do 1 ao 10 xullo de 2020.

 

Información ampliada https://www.edu.xunta.gal/portal/node/30990

 



page | by Dr. Radut