Skip to Content

MAGOSTO 2023

Despois de moitos días de chuvia, puidemos festexar o Magosto acompañado de xogos populares.

Ligazón para a galería de fotos 

Samaín 2023

Seguindo a tradición, o noso alumnado festexou o Samaín 2023. Despois de decorar as portas das aulas, fixeron camisetas de pantasmas e preparon cabazas para levar ao "Cuarto escuro". 


 

MENÚ

O próximo luns día 23 de outubro comezaremos co novo menú. 

APERTURA DA AULA SENSORIAL #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Nestes días o alumnado da escola está a coñecer a nova aula sensorial.

Un espazo creado con tenrura, para promover a calma e a inclusión.

É unha sala agradable chea de recursos sensoriais: luces, música, texturas,

imaxes, sons, proxectores, unha mesa sensorial para crear minimundos,

un recuncho de lectura, coxíns, alfombras táctiles, unha barra, espellos, xogos e

xoguetes sensoriais ... para potenciar o desenrolo cognitivo e emocional da rapazada. 

Unha sala para estimular os sentidos,  para favorecer a atención, a exploración,

o pracer e as sensacións de benestar.

Un lugar onde a comunicación é posible de xeito diferente.

 

A este recuncho relaxado, seguro, tranquilo e inclusivo,

o alumnado accedera de varias maneiras: sempre que o necesite, 

en sesións con especialistas de PT e AL, en grupos reducidos con

titoras ou especialistas e na hora do recreo por quendas.

É un lugar para todas e todos, pero pensando no diversos que somos

e en cubrir as necesidades de cada un dos que convivimos na escola.

 

 DÍA MUNDIAL DA SAÚDE MENTAL

 

 

 

 


OFERTA DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES DA ANPA PICAPEIXE. CURSO 2023-2024

Para inscribirse nalgunha das actividades extraescolares ofertadas pola Anpa Picapeixe para este curso 2023-2024 haberá que pasar pola secretaría do centro.

ALUMNADO COMEDOR

O alumnado usuario de comedor que non poida asistir, deberá avisar da súa ausencia chamando ao teléfono do centro antes das 10.00h da mañá.

PROBLEMAS TÉCNICOS

Estimadas familias,

Por problemas técnicos externos a nós, non podemos enviar informacións a través de Abalar. Sentimos as molestias ocasionadas. Seguiremos a enviar informacións a través da páxina web do centro. 

Lembrar que o próximo día 11 de setembro comezan as clases con horario de 8:55h a 13:55h. Excepto o alumnado de 3 anos que se atopa en período de adaptación.

 

BO COMEZO DE CURSO A TOD@S!

MENÚ ESCOLAR

O menú poderá sufrir algunha alteración atendendo a diferentes imprevistos que poidan xurdir. 

LISTADOS DE MATERIAL POR AULA

Publicados os listados de material de cada aula (1º, 3º e 5º de EP) para o curso 2023/2024.

Solicítase que a maiores do material cada alumno/a traia dous rolos de papel de cociña grandes salvo as aulas de 1ºEP que xa aparecen no listado de material.

LISTADOS DE MATERIAL POR AULA

Publicados os listados de material de cada aula (2º, 4º e 6º de EP) para o curso 2023/2024.

Solicítase que a maiores do material cada alumno/a traia dous rolos de papel de cociña grandes salvo as aulas de 2ºEP que xa aparecen no listado de material.

 

PERIODO DE ADAPTACIÓN DE 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL

Publicado o horario de adaptación de 4º de Educación Infantil (3anos) na entrada do colexio CEIP Nicolás del Río.

 

REUNIÓNS DAS FAMILIAS COS TITORES/AS

Publicadas as datas e horas das reunións das familias cos titores e titoras do alumnado.

Martes día 5 de setembro:

- Reunión familias de 2ºEP ás 11:00h.

-Reunión familias de 4ºEP ás 12:00h.

-Reunión familias de 6ºEP ás 13:00h.

Mércores día 6 de setembro:

- Reunión familias 1ºEP ás 11:00h.

-Reunión familias de 3ºEP ás 12:00h.

-Reunión familias de 5ºEP ás 13:00h.

Xoves día 7 de setembro:

-Reunión familias de 3 anos ás  11:00h.

-Reunión familias de 4 anos ás 12:00h.

-Reunión familias de 5 anos ás 13:00h.

REUNIÓN FAMILIARES ALUMNADO 5º DE PRIMARIA

Convócase a unha reunión o luns día 4 ás 12.00h ás familias do alumnado de 5º E.P. interesadas en falar dos novos agrupamentos.

A reunión terá lugar no edificio do CEIP Nicolás del Río (acceso pola porta de secretaría).

LISTADOS DE ALUMANDO POR AULA

Publicados os listados de alumnado de cada aula. Están expostos na entrada do colexio. 

LISTADO DEFINITIVO DE AXUDA PARA OS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Publicado na secretaría do centro a listaxe provisional do alumnado solicitante de axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar. 

 

Publicada na secretaría do centro a listaxe definitiva das AXUDAS DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR. Pódese vir a recoller os vales dende o 17 ao 19 de xullo á secretaría do centro en horario de mañá ou en setembro.

PRAZO COMEDOR ESCOLAR E TRANSPORTE CURSO 23/24

Aberto o prazo para solicitar praza no COMEDOR ESCOLAR e no TRANSPORTE para o alumnado para o próximo curso 23/24.

Prazo aberto ata o día 11/7/23.

 

ANEXOII: Autodeclaración renta

HORARIO SAÍDA 

SOLICITUDE COMEDOR

SOLICITUDE TRANSPORTE

PRAZOS

INSTRUCIÓN 2/2023, DA SECRETARÍA XERAL TÉCNICA DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E UNIVERSIDADES, DO 1 DE XUÑO, SOBRE FUNCIONAMENTO DOS COMEDORES ESCOLARES DE XESTIÓN DIRECTA NO CURSO ESCOLAR 2023-2024 

 

Aberto o prazo para o procedemento de selección de COLABORADORES no servizo de comedor dende hoxe ata o 1 de setembro de 2023. O persoal interesado deberá acudir á secretaría do centro en horario de mañá. 

 PUBLICADA A LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS E EXCLUIDOS PARA AS PRAZAS DE COMEDOR DO CENTRO. PÓDESE CONSULTAR A LISTAXE NA SECRETARÍA DO CENTRO EN HORARIO DE MAÑÁ.

PUBLICADA A LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS E DE RESERVA NO COMEDOR ESCOLAR. ESTARÁ PARA A CONSULTA A PARTIR DO 1 DE SETEMBRO.

Vivamos como cedeireses! Sanadresiños. 1º ciclo EP. #Cedeira #ABP #ALFIN #AMI #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #FamiliasnaBE #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Entrada Sanandresiños de l.c.carneiro92

Publicación do listado de alumnado presentado nas solicitudes de libros de texto e material

Na secretaría do centro está publicada a listaxe de solicitudes presentadas de axudas de material escolar e libros de texto. No caso de falta de documentación, o prazo para emendas será ata o 10 de xullo.

Reunión Infantil 3 anos

Bo día:

Infórmase de que o día 28 de xuño haberá unha reunión no Ceip Nicolás del Río para as familias do alumnado que comeza en 3 anos de Educación Infantil. Será no comedor escolar ás 12:00 da mañá.

PLAZO FORMALIZACIÓN MATRÍCULA DO 20 AO 30 DE XUÑO. NOVO INGRESO

Está aberto o prazo para formalización de matrícula de alumnado de novo ingreso ata o 30 de xuño. Máis información na secretaría do centro.

Distribuir contido


by Dr. Radut