Skip to Content

OBRADOIRO SAMAÍN

DÍA EUROPEO DAS LINGUAS

UN DOS MAIORES PATRIMONIOS É A FALA, A NOSA E A DA NOSA CONTORNA,

A DOS QUE VEÑEN E A DOS QUE QUIZAIS VISITAREMOS.

PALABRAS, A BASE DO ENTENDEMENTO!

DENDE AQUÍ O NOSO SAÚDO!

 


 

 

DÍA DA DEMOCRACIA

Para conmemorar o Día da Democracia as diferentes equipas de dinamización fan a seguinte proposta.

Estas son algunhas das actividades levadas a cabo.

 

 

Cuestionario alumnado, familias e profesorado. Erasmus-Doris.

Cuestionario Erasmus -Doris

Forma parte dun proxecto europeo Erasmus+ no que o teu centro está a participar actualmente. DORIS (Designing Online Readiness in Schools) está a explorar xeitos nos que docentes, alumnado, familias e outros axentes poden traballar conxuntamente para desenvolver e afianzar métodos dixitais de ensino-aprendizaxe.

Este cuestionario é totalmente anónimo e as respostas serán unicamente empregadas para o cálculo de porcentaxes xerais nos diferentes países do proxecto europeo Erasmus+.

CUESTIONARIO FAMILIAS

CUESTIONARIO PROFESORADO

CUESTIONARIO ALUMNADO

Un saúdo e gracias pola colaboración.

REUNIÓNS INICIO DE CURSO

REUNIÓNS INICIO DE CURSO

 

Xoves 2 de setembro

 

- 2º de Educación Primaria ………… 11h (aulas)

 

- 4º de Educación Primaria ……...… 12 h (aulas)

 

- 6º C de Educación Primaria….…….. 13 h (patio Areal)

 

 

Venres 3 de setembro

 

- 4º Educación Infantil (3 ANOS) …. 11h (patio do Areal)

 

- 1º Educación Primaria ……………. 12 h (aulas)

 

- 6º Educación Infantil (5 ANOS)….. 13h (patio do Areal)

 

Luns 6 de setembro

 

- 5º de Educación Primaria………………. 11 h (aulas)

 

- 3º de Educación Primaria………………. 12 h (aulas)

 

 

 

Os seguintes cursos non farán reunión presencial e publicarase o listado de material na páxina web:

 

- 5º de Educación Infantil A e B (4 anos)

 

- 6º A e 6º B.

 

 

PLAN DE ADAPTACIÓN COVID CURSO 2021/22

COLABORADORES COMEDOR ESCOLAR

INSTRUCIÓN 2/2021, DA SECRETARÍA XERAL TÉCNICA DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E UNIVERSIDADE, DO 1 DE XUÑO, SOBRE FUNCIONAMENTO DOS COMEDORES ESCOLARES DE XESTIÓN DIRECTA NO CURSO ESCOLAR 2021-2022
 Con carácter excepcional, amplíase a posibilidade de colaborar voluntariamente nas tarefas de atención e vixilancia nos comedores escolares, por non existir persoal funcionario e laboral da Xunta de Galicia, nin colaboradores directos dispoñibles previstos ordinariamente en número suficiente, a outros familiares dos alumnos comensais, a ex-colaboradores deste servizo, a persoal relacionado coa comunidade educativa (conserxes, persoal limpeza), así como a persoal que participe en programas de voluntariado social (Concellos, ONGs).
 Teléfono do centro: 881930091. Buscamos colaborador@s!!!

COMEDOR ESCOLAR 2021/22

Estimadas familias

No taboleiro de anuncios están expostas as listas definitivas de usuarios de comedor para o curso 2021/22. 

AVISOS COMEDOR E LIBROS DE TEXTO

COMEDOR ESCOLAR

Publicadas as listaxes de usuarios admitidos no taboleiro de anuncios do centro. Prazo de enmendas ata o luns 19 de xullo. 

LIBROS DE TEXTO

Recollida de vales de axuda de libros de texto e material escolar, ata o venres 16 de xullo en secretaría.

COMEDOR ESCOLAR 2021/22

Hoxe martes 29 de xuño ábrese o prazo para presentar  as solicitudes do alumnado usuario de comedor escolar para o vindeiro curso. O prazo remata o venres 9 de xullo. Poden recoller os impresos na secretaría ou descargalos na páxina web do centro. O horario de secretaría é de 9:30h ata as 13:30h. Un saúdo.

 

RECOMENDACIÓNS LECTORAS VERÁN 2021

LIBROS DE TEXTO 2021-22

Correxido erro no libro de inglés de 4º de Educación primaria

Teatro de sombras. "Saudades do teu abrazo".

Obra realizada polo alumnado de 6ºB e a súa titora Iria, aproveitando un dos novos recursos na aula de teatro. "Saudades do teu abrazo" (Eoin McLaughlin). 

Xela Arias. A Fraga dos paxaros faladores e a Fraga Leopardicia

Relacionado coa nosa biblioteca creativa, a clase de 4ºB creou unha curtametraxe "A Fraga dos paxaros faladores e a Fraga Leopardicia" de Xela Arias. Un proxecto de traballo onde participou todo o alumnado sendo protagonista durante o proceso, elaborando os materiais, grabando audios na radio escolar, integrando as tics coa utilización da app Stopmotion nun dos Ipads da biblioteca, etc... 

 

 

 

 

 

NON SEI

Distribuir contido


by Dr. Radut