Skip to Content

OLIMPIC CHAMPIONS

EXCURSIÓN 4 ANOS A MERA

(PREME NA IMAXE PARA VER AS FOTOS)

EXCURSIÓN 4º - ESMELLE E CASTELO DE SAN FELIPE

ACTIVIDADES ACUÁTICAS

COMEDOR ESCOLAR 2016/2017

 O prazo de presentación de solicitudes de praza no comedor escolar para o curso 2016/17, abranguerá do 14 de xuño ao 8 de xullo , ambos incluídos.

 Os pais/nais/titores legais ou acolledores familiares de alumnado do centro que desexedes colaborar nas tarefas de atención ao alumnado no comedor escolar para o próximo curso académico, podedes apuntarvos nas listas de admisión, que se atopan na secretaría do centro, a partir do 22 de xuño.

 

 ACORDOS DO CONSELLO ESCOLAR

 

Segundo o acordado polo Consello Escolar, en sesión celebrada o 7 de xuño do 2016 :

  • O alumnado fillo de pais e nais, titores legais e acolledores familiares, traballadores ambos con incompatibilidade dos seus horarios laborais co horario de saída do seu fillo/a ao mediodía, revisaranse e baremaranse ditas solicitudes, avaliándoas, segundo a seguinte orde de preferencia:

-     Alumnado con irmás ou irmáns usuarios do servizo de comedor no curso escolar anterior.

-    Renda anual neta per cápita da unidade familiar a que pertenza o alumno/a calculada segundo o 6.2.5 da Instrución1/2006, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria do 30 de maio, sobre funcionamento dos comedores escolares de xestión directa no curso 2016/2017. (Ordearanse de menor a maior renda)

-    No suposto de ir dous irmáns ou irmás seguidos/as na lista e só haber praza para un, serán os pais/nais ou titores legais os que decidirán cal deles/as será admitido/a.

 

  • Considerarase como incompatibilidade do horario laboral dos seus pais/nais/titores legais/acolledores familiares co horario de saída do seu fillo/a ao mediodía, o seguinte:

-  Traballos por quendas cando algunha das mesmas cumpra os criterios definidos de incompatibilidade horaria.

-     Horario de saída do traballo (acreditado documentalmente) con imposibilidade de estar no centro escolar ás 13:30h. A ferramenta a utilizar para medir o tempo de traslado dende o centro de traballo será a aplicación googlemaps.

PROXECTO CORRESPONDENCIA CEIP SAN RAMÓN DE MOECHE- CEIP NICOLÁS DEL RÍO DE CEDEIRA

O alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria iniciou ao inicio de curso un proxecto cun obxectivo: escribir motivados. Un proxecto que superou tódalas expectativas, onde as emocións estiveron sempre presentes. Non só escribiron senón que tamén mantiveron unha conversa por skype e dúas xornadas de convivencia. (Preme na imaxe para ver algunhas fotos)

ENQUISA SOBRE A NOSA BIBLIOTECA ESCOLAR

 

O GALO DE PORTUGAL CAMIÑO DE COMPOSTELA

FONDO SOLIDARIO E AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

        Xa está aberto o prazo de presentación de solicitudes para a participación no fondo solidario de libros de texto e as axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria e Educación Especial en centros sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2016/2017.

        Os formularios están á vosa disposición na secretaría do cenro.

        Toda a información relativa ás mesmas pódese consultar no seguinte enlace:

                       http://www.edu.xunta.gal/portal/node/18988 

I OLIMPIADA ESCOLAR

EXCURSIÓN A CORUÑA - 5º PRIMARIA

EXCURSIÓN A LUGO - 6º PRIMARIA

CHARLA PREVENCIÓN DROGAS 6º DE PRIMARIA

BIBLIOTECA "CARLOS LABRAÑA"

Hoxe tivo lugar a inauguración da biblioteca escolar;

xa é a Biblioteca "Carlos Labraña"!!!

Nesta xornada tan especial estivemos moi ben acompañados:

pola mañá acudiron diversas personalidades locais e do ámbito educativo

(o inspector de educación, o alcalde, concelleiros, bibliotecarias municipais, asesora do CFR, responsable da biblioteca do IES Punta Candieira, representante da ANPA Picapeixe, Quique, Fusa, familia Labraña...)

e pola tarde o cole encheuse de familias.

E durante todo o día estivo con nós o noso protagonista

CARLOS LABRAÑA

a quen só lle podemos dar as GRAZAS.

                                   

 

                        

 LA VOZ DE GALICIA

FERROL 360

CONCELLO DE CEDEIRA

 Fotos: Andrés Brañas

INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA

O vindeiro martes, 3 de maio, inauguraremos a nosa biblioteca escolar co nome "Carlos Labraña".

Durante esta xornada o propio autor estará con nós e todo o alumnado terá ocasión de saudalo ao longo da mañá.

E pola tarde acompañaranos tamén na Feira dos Libros, actividade aberta a todos e todas que nos queiran visitar.

Lembrade que comeza ás 17 h.

Despois (ás 18 h) poderemos desfrutar da representación teatral da obra de Carlos Labraña

"O galo de Portugal camiño de Compostela", a cargo do alumnado de 1º curso de Educación Primaria.

Agardámosvos!!!

DÍA DO LIBRO - OS NOSOS LIBROS FAVORITOS

ESTE É O MEU LIBRO FAVORITO!!!

O noso cole encheuse de libros para festexar unha data tan importante. Cadaquén trouxo o libro que máis lle gusta para facerse a foto e poder compartir un bo momento de lectura cos compañeiros e compañeiras.

Aí vai un adianto

 

 

 

 

  

  

  

  

  

  

  

 

E tamén trouxeron o seu libro favorito...

 

GRAZAS POR PARTICIPAR E

FELIZ DÍA DO LIBRO!!!

 

  

 

V FEIRA DOS LIBROS

MARTES 19 INAUGURACIÓN DA V FEIRA DOS LIBROS

Non vos perdades esta Feira dos libros. Estade atentos porque semana a semana iremos anunciando o programa de cada martes.

Horario: os martes de 17 a 18:30 horas.

EXPERIMENTOS EN 5º DE PRIMARIA

PARTES DUNHA NOTICIA

Distribuir contido


by Dr. Radut