Skip to Content

OBRAS-FAMILIAS REQUETEARTÍSTICAS 1

Estimadas familias requeteartísticas:

Non queremos rematar este curso sen disfrutar dunha nova expresión da vosa arte, que podedes plasmar na realización desta especial tarefa.

Trátase de facer unha interpretación persoal e familiar dun cadro famoso, de calquer estilo e xénero. Podedes utilizar libremente tamén a técnica e materiais (fotografía, collage, pintura, debuxo, fotografía e pintura, debuxo e collage…).

- Tamaño: A4, indicando por detrás autor/es e título no que se basea, así como os vosos nomes.

- Prazo de presentación: ata o venres 4 de xuño.

- Lugar de entrega: podedes facernos chegar as vosas obras maestras a través das titoras.

Dádelle renda solta á vosa creatividade! Queremos facer unha exposición das vosas obras mestras ata o final de curso.

Aquí tedes algúns espectaculares exemplos:

Autorretrato de Van Gogh

 

Ofelia de John Everett Millais

 

MOITÍSIMAS GRAZAS!!!

 

EXPOSICIÓN VIRTUAL "NAZARELOS"

SE QUERES DESFRUTAR DESTA CHULADA!

PREME NA IMAXE

 

CONCURSO ENTROIDO 2021

“UN SOMBREIRO REQUETEARTÍSTICO”

                              

Estimadas familias,

             Queremos invitarvos e animarvos a participar neste Gran Concurso,

       co que pretendemos celebrar o Entroido, dentro das múltiples restricións

       que nos impón a máis que coñecida pandemia.

             Trátase de elaborar un sombreiro requeteartístico que podedes

       facer por completo ou ben usar un feito como base, engadíndolle todo

       aquelo ca vosa imaxinación considere oportuno e que estea relacionado

       co tema que estamos a traballar este curso: A Arte. Podédevos inspirar

       polo tanto en obras de pintores, escultores, arquitectos...

             Valorarase especialmente a participación dos nenos e nenas, aínda

       que haxa colaboración de toda a familia.

 

             Haberá 4 premiosUn para E. Infantil, e tres para E. Primaria, un

       por cada ciclo (1º e 2º; 3º e 4º; 5º e 6º).

 

             O alumnado que queira participar deberá presentarse no colexio

coa súa obra o vindeiro xoves 11 de febreiro de 2021.

 

       Graciñas de antemán pola vosa participación, que agardamos con

enorme curiosidade.

 

                                GAÑADORAS COS SEUS AGASALLOS

 

 

DETALLE SOMBREIROS

    

    

OBRADOIRO DE ROBÓTICA 5º e 6º

Para información sobre o obradoiro de robótica preme na imaxe

INFORMACIÓN CENTRO ADSCRITO MARÍA SOLIÑO

Informamos que por mor da pandemia, este ano non se realizarán as charlas informativas para as familias-alumnado co profesorado do centro adscrito ao noso colexio (IES María Soliño) como viña sendo habitual en cursos pasados.

De todos xeitos, coa intención de que coñezades mellor este instituto deixáronnos esta información para que a consultedes.

(PREMEDE NAS IMAXES)

           

 

PRESENTACIÓN DA NOVA BIBLIOTECA

OLA TRASNIÑ@S E FAMILIAS:

DESPOIS DE VARIOS ANOS VIVINDO NA MIÑA ÁRBORE, PÚXOSE MALIÑA.

PRECISABA UN NOVO FOGAR…

ASÍ QUE APROVEITAMOS PARA REFORMAR TOOOOODA A BIBLIOTECA.

FOI UN TRABALLO LONGO, ENTRETIDO E DURO, PERO MERECEU A PENA.

NESTE VÍDEO PODEDES VER O CAMBIO QUE LEVOU.

QUERO DAR AS GRAZAS A TODAS AS PEROAS QUE AXUDARON A QUE FORA POSIBLE!

(FACEDE CLIC NA IMAXE)

SAÍDAS DOS/AS NENOS/AS: HISTORIA SOCIAL CON PICTOGRAMAS

O NOSO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN QUERE FACERSE ECO DESTAS MENSAXES DO CENTRO ARAGONÉS PARA A COMUNICACIÓN AUMENTATIVA E ALTERNATIVA (ARASAAC)  E FACERVOS CHEGAR AS FAMILIAS ESTAS RECOMENDACIÓNS PARA SAÍR DA CASA A PARTIR DO 26 DE ABRIL

 

 

 

 

 

 

 

 

 

DÍA DO LIBRO

oLA TRASNIÑ@S!!!!

hOXE, XOVES 23 DE ABRIL CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO.

vAI SER COMPLICADO QUE VOS PRESTEMOS ALGÚN PARA QUE O DISFRUTEDES NA CASA…

pOR ISO AGARDAMOS QUE ESTEADES A LER ALGÚN DOS VOSOS…

sE VOS APETECEN LIBROS NOVOS, AQUÍ TEDES UNHA VARIEDADE QUE VOS PODEN GUSTAR TANTO COMO A MIN.

 

uN CONTO NARRADO E ILUSTRADO EN DIRECTO…

http://www.kalandraka.tv/es/seccion2.php?id=33&pagina=6#PD_Olalla%20Gonzlez%20y%20Marc%20Taeger%20-%20Aquiles%20el%20puntito

 

uNHA NOVA VERSIÓN DUN VELLO LIBRO…

https://www.youtube.com/watch?v=UUwOoYVjl_0

 

uNHA CURTAMETRAXE DUN LIBRO…

https://www.youtube.com/watch?v=nSh_KGiYjqk

 

uN RETALIÑO DE PELI BASEADA NUN LIBRO...

https://www.youtube.com/watch?v=FX4RvI-QdFU

 

e A BANDA SONORA DUNHA PELIBRO FANTÁSTICA...

https://www.youtube.com/watch?v=Nx1AmvuVVR0

Entroido 2

Durante a nosa segunda xornada de entroido realizouse o partido de Brilé 6º contra Porfes¿?¡. E o pasamos moi ben bailando no patio.

 

ENTROIDO

EsTe eNTRiODo o AdIcaMOs aoS dEPOrTeS E AoS xOgOs oLiMPiCoS

Empezando pola ceremonia inaugural, seguidos dos nosos deportistas, pelotas e coa mensaxe clara de ter coidado de non mancarnos facendo exercicio iniciamos a nosa saída por Cangas. Acompañounos moitísima xente mentres enchíamos as rúas de deporte, música e cor.

Logo de tan longo camiño e de reconfortarnos cunha rica e quente CHOCOLATADA, cantamos as nosas coplas cun público estupendo,

Moitas grazas a todos por vir e estar con nós nesta marabillosa xornada.

Distribuir contido



by Dr. Radut