DÍA DA PAZ 2016

Este curso, polo Día da Paz, aproveitamos para reflexionar sobre a situación dos REFUXIADOS que, desgraciadamente, están aumentando en número día a día. Visionamos algunhas curtametraxes que nos descubriron a súas vivencias e pensamentos e concienciámonos desta traxedia do noso tempo.

  O luns, na celebración do Día da Paz, fixemos un percorrido simbólico seguindo un camiño de pegadas que repartimos por todo o patio ata chegar a unha porta imaxinaria onde escribimos os nosos desexos para todos os refuxiados do mundo.

Ademais dunha fermosa poesía sobre a música do "Imagine" de John Lennon, cantamos e bailamos o tema de Álvaro Soler "Bajo el mismo sol" para lembrar que todos que habitamos este planeta podemos facer algo neste e noutros problemas que nos rodean se realmente o desexamos.

 

 

FFDÍA DA PAZ 2016 (1) from CEIP NAZARET on Vimeo.

 

DÍA DA PAZ (2) from CEIP NAZARET on Vimeo.

POSTAL NADAL 2015

TARXETA DE NADAL