Skip to Content

30 DE XANEIRO: DÍA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA

 

 

 

 

 

 

Unha mensaxe para este día: "O amor universal é mellor que o egoismo, a non-violencia é mellor que a violencia e a paz é mellor que a guerra."

 

 

Este é o día no que se celebra a morte de Gandhi. E sabes por que Gandhi está relacionado coa paz?

 

 

Gandhi é un home de paz porque conseguiu gañar unha guerra coa paz.

 

 

ENLACES DE INTERESE:

 

 

 

       RED DE RECURSOS EN EDUCACIÓN PARA LA PAZ, EL DESARROLLO Y LA INTERULTURALIDAD

      ENLACES EDUCACIÓN POR LA PAZ

PUBLICACIONES DEL SEMINARIO DE EDUCACIÓN PARA LA PAZ

 

 

 

BO NADAL 2010

DESDE O CEIP NAZARET DESEXÁMOSVOS

UNHAS FELICÍÍÍÍÍÍSIMAS FESTAS

                        

 

                                       

                       

  A QUE NOS QUEDOU CHULÍSIMA A ÁRBORE

   DECORADA CO NOSO MUNDO SUBMARIÑO!!!!!

                       

APRENDO XOGANDO

NON TE PERDAS OS NOVOS XOGOS NA SECCIÓN

EQUIPO DAS TIC

A Árbore Sabia

Busca na columna da esquerda a sección "EQUIPO DA BIBLIOTECA"

En Animación á lectura poderás ler o brindis que fixo

o premio nobel de literatura deste ano.

 

Falta moi pouquiño para a chegada do Nadal.

Todos os anos decoramos o colexio coa nosa

"ÁRBORE SABIA". Este curso estamos a traballar

en todas as clases o tema dos bosques por iso

queremos colgar da árbore personaxes dos contos

cuio relato suceda no bosque.

Escollede un personaxe e creade un adorno navideño

con él. Podedes utilizar todos os materiais que queirades

e tamén pode colaborar a familia.

Non esquezades poñerlle o nome, curso e algo para poder

colgalo.

Ánimo e moita imaxinación!

            EQUIPO DA BIBLIOTECA

Saída de outono do segundo ciclo

OS NOSOS MONTES

Aquí tedes uns enlaces para coñecer mellor os nosos montes. Preme nas imaxes e atoparás unhas actividades moi interesantes.

O Bosque

 

No curso 2010-11 en todos os niveis de infantil e primaria imos desenvolver un tema común:

O BOSQUE.

Na próxima celebración do magosto e como proposta do equipo de normalización centraremos os nosos traballos deste xeito:

    * Educación infantil: coñecer os tipos de castañas.
    * 1º Ciclo: Historietas no bosque.
    * 2º Ciclo: Estudo do castiñeiro.
    * 3º Ciclo: Contos do outono.

Os traballos quedarán expostos para que todos podamos coñecelos e disfrutalos.

SAMAÍN 2010

                

 

Outra vez este ano, como cada curso,
volta o SAMAÍN a finais de outubro.
Morcegos, pantasmas, monstros e cabazas
enchen Nazaret e as nosas aulas.
Nenos e nenas no cole co SAMAÍN aprendemos

debuxando, recortando,pintando e investigando.

 

 

Mentras nas nosas casas, tamén colaborando,
pais,nais e avós ricos dóces nos van preparando.

 

 

 

 

 

 

A Balea

 

No curso 2009-10 fixemos un proxecto sobre "Cangas:o noso pobo". Algúns traballos quedaron recollidos no blog de normalización lingüística "Nazaret Galego".

Todos os traballos foron moi ben recoñecidos polas persoas que visitaron a exposición.

A nós gustounos moito a acollida que tiveron e dámoslles as grazas a todos e todas.

Neste curso 2010-11 o concello, atendendo a nosa petición, está preparándolles unha ubicación que os faga máis presentes no noso día a día.

Moitas grazas!

 




Distribuir contido



by Dr. Radut