Skip to Content

Celebracións

ACTO DE GRADUACIÓN

Xuño 2018

Este mércores, 20 de xuño, tamén celebramos dous Actos de Graduación! Estiveron cheos de emoción...

Os nenos e as nenas de 6º de Infantil finalizan unha fermosa etapa e para o próximo curso estarán en 1º de Primaria.

E por outro lado, os rapaces e as rapazas de 6º de Primaria fixéronse maiores e o próximo curso non estarán con nós no cole... Aínda que sempre nos acordaremos deles e delas, esta é a vosa casa!

PARABÉNS E MOITA SORTE NA VOSA NOVA ETAPA!

FESTIVAL FIN DE CURSO

Xuño 2018

Este mércores, día 20 de xuño do 2018, celebramos no centro que o curso está rematando! Por iso organizamos un Festival ó que asistiron as familias e no que se puideron ver obras de teatro, cancións, bailes e outras grandes actuacións por parte dos nenos e das nenas do cole.

QUE ARTISTAS TEMOS EN NANTES!

Non vos perdades este fantástico vídeo no que

recollemos unha mostra deste día inesquecible!!!

sentímolo, flash non está dispoñible.

LETRAS GALEGAS 2018

Este curso 2017/2018  o día das Letras Galegas estivo adicado a unha autora que aínda que naceu en Cáceres, en Extremadura, chegou á nosa Comunidade e namorouse dela, tanto, que xa ficou aquí para sempre, promovendo a nosa lingua, de xeito moi activo. Foi mestra en varios institutos, entre eles o instituto de Vilalonga, e escribiu moitos libros para nenos e adolescentes, acadando diferentes recoñecementos e premios.

DÍA INTERNACIONAL DAS RAPAZAS NAS TIC

Xoves 26 de abril de 2018

O 26 de abril celébrase o Día Internacional das rapazas nas TIC.

 A través do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), o alumnado de 5.º e 6.º de Primaria participou nun coloquio virtual desde o colexio con varias mulleres emprendedoras, investigadoras e tecnólogas no ámbito das TIC.

Os nenos/as tiveron a oportunidade de preguntarlles calquera dúbida, inquedanza ou comentario sobre este campo profesional ou as motivacións persoais que as levaron a traballar nel.

Sen dúbida, resultou unha actividade moi interesante en prol da igualdade de xénero en todos os eidos profesionais.

 

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Marzo 2018

Hoxe, xoves día 8 de marzo, celebramos no CEIP de Nantes o Día Internacional da Muller.

Contamos coa visita de Paz LagoRosa Vilas e Ana Cidre. Estas tres mulleres falaron das súas profesións, tradicionalmente ocupadas por homes, demostrando que tamén poden ser realizadas por mulleres.

DÍA DE ROSALÍA

Febreiro 2018

Este luns, día 26 de febreiro do 2018, conmemoramos no CEIP de Nantes o Día de Rosalía.

Foi unha xornada especial adicada a Rosalía de Castro, a nosa poetisa galega por excelencia, na que realizamos un concurso de recitar onde os nenos e nenas do cole demostraron as súas dotes como intérpretes.

As gañadoras e gañador foron Laura (na categoría de 1º e 2º curso), André (na categoría de 3º e 4º curso) e Lara (na categoría de 5º e 6º curso). Parabéns!

Para rematar a celebración, realizamos a pegada dun mural coa cara de Rosalía, un traballo feito polos alumnos e polas alumnas do centro.

ENTROIDO 2018

Febreiro 2018

Este venres, 9 de febreiro, celebramos o ENTROIDO no CEIP de Nantes!

O tema elixido para os disfraces foron os alimentos, concretamente, cada grupo meteuse na pel dunha froita.

Mazás, fresas, cenorias, laranxas, piñas, uvas, sandías... e ata houbo algún cociñeiro!

Logo de sacar centos de fotos, desfilar polo patio e repartir froita ás familias, tocou degustar unha chea de sobremesas típicas do entroido que nos achegaron as familias do centro, estaba todo boísimo!

Picando na imaxe podedes ver máis fotos da xornada!

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

Xaneiro 2018

No día de hoxe, martes 30 de xaneiro, conmemoramos no C.E.I.P. de Nantes o Día Escolar da non Violencia e da Paz.

Fixémolo celebrando unha CARREIRA SOLIDARIA chamada "Kilómetros de Solidaridad", fomentada pola ONG Save the Children e que xa vai pola XIV edición. Este ano está adicada ós nenos e nenas de Sudán do Sur, onde existe unha situación dramática pola non existencia de alimentos.

NADAL 2017

Decembro 2017

Este xoves día 21 de decembro, no CEIP de Nantes despedimos o 1º trimestre co habitual Festival de Nadal. Todos e todas os alumnos e alumnas participaron con cancións, bailes... E ata houbo unha representación teatral moi divertida!

XXIV CONCURSO INTERCENTROS DE TROMPOS

Novembro 2017

Este xoves, 30 de novembro do 2017, unha representación de alumnos viaxaron dende o CEIP de Nantes para participar no XXIV Concurso Intercentros de Trompos que este curso se celebrou no CEIP A Florida.

O concurso estaba dividido en dúas modalidades: "A Escachar" e "Malabarismos". Cada modalidade estaba dividida en tres categorías segundo a idade dos e das participantes.

Queremos dar os parabéns a todos e a todas as participantes xa que o concurso foi moi emocionante e divertido, con algunhas das categorías moi disputadas xa que ata se tiveron que realizar desempates para resolver as clasificacións finais...

Picade na imaxe se queredes ver máis fotografías da xornada!

Distribuir contido


by Dr. Radut