Skip to Content

1º Curso

DESPEDIDA

Luns 22 de xuño de 2020

Queridas familias/nenos/nenas:
 
Despois dun curso totalmente atípico e difícil chega o momento da despedida.
Este ano tocounos vivir unhas circunstancias excepcionais que quizais nunca imaxinamos que sucederían e para as que ninguén nos preparou. A pesar diso, conseguimos saír adiante XUNTOS/AS, poñendo cada un o seu granciño de area.
 
No caso das familias ese granciño foi enorme. Estou totalmente orgullosa de vós e quero felicitarvos polo voso traballo e implicación. Grazas ás vosas achegas puiden sentir que estabades preto a pesar da distancia. Verdadeiramente é unha honra e síntome privilexiada!
 
Os nenos/as desmostrástedes que sodes uns/unhas GRANDES VALENTES. O fácil sería queixarse, deixar de traballar... pero lonxe de facelo, loitáchedes ata o final. Non sabedes as ganas que teño de volver a vervos e de que estemos todos xuntos/as no colexio. Botei moito en falta as vosas risas, apertas, saúdos, despedidas, ilusións... tantas cousas!!!
 
Desexo que disfrutedes do verán e que recuperedes parte dese tempo ao que tivemos que renunciar semanas atrás.
 
Espérovos en setembro cos brazos moi abertos!!!
 
Con cariño,
A profe Olalla
❤

Nota: Aos nenos/as que están de aniversario no verán, mandareilles a súa felicitación chegado o momento.

 

FELICITACIÓN XABI

Luns 22 de xuño de 2020

Chega o verán e con el... un novo aniversario na clase de 1.º de Primaria. Hoxe XABI celebra o seu día. Esta é a preciosa felicitación que lle fixemos entre todos/as!

 F E L I C I D A D E S !!!

 

RECOMENDACIÓNS PARA O VERÁN

Venres 19 de xuño de 2020

Queridas familias/nenos/nenas:

Despois deste curso tan estraño e diferente, merecedes unhas boas vacacións! Cómpre que non vos esquezades de:

1.º Descansar.

2.º Disfrutar do verán.

3.º Recuperar o tempo perdido pola corentena.

4.º Repasar un pouquiño. Podedes:

  • Volver facer algúns exercicios dos libros de texto e das fichas.
  • Rematar os libros de lecturas de Lingua e Lengua.
  • Empregar o libro que entreguei como agasallo do centro.
  • Descargar e imprimir algún dos documentos de repaso que están nos documentos adxuntos.
  • Mercar algún caderniño de repaso.

Non se trata de facer moito, senón o necesario para non perder o aprendido.

A descansar e a gozar do tempo libre con responsabilidade!

A profe Olalla

 

ACTIVIDADE COLECTIVA: PORTADA PARA FICHAS

Luns 15 de xuño de 2020

Xa sabedes que cando rematamos un trimestre, sempre facemos unha portada para arquivar as fichas realizadas.

Na bolsa que recollestes a samana pasada no colexio tedes todo o material necesario para facela. Así que, imos alá!

Instrucións:

1.º XELADO:

Coloreade ou pintade a galleta do cucurucho e as tres bólas dos sabores que queirades. Podedes empregar: ceras duras, ceras brandas, rotuladores ou témperas. Ao rematar, recortádeo ben e pegádeo na cortolina rosa. Pode ir vertical ou un pouco inclinado para o lado que vos guste.

2.º TARXETA CO NOME:

Poñede o voso nome na tarxeta e decorádea como queirades. Recortádea e pegádea ao lado do xelado, na parte baixa da cartolina rosa.

3.º CEREIXAS:

Imos poñer unhas cereixas pola parte baleira da cartolina. Como as facemos?: pegamos 2 gomets circulares vermellos un ao lado do outro. Cortamos un gomet rectangular polo medio e saen os 2 rabiños. Pegámolos enriba das cereixas, xuntando os extremos de arriba para que as cereixas queden unidas. Podedes facer todas as que queirades.

Ao rematar, facédeslle unha foto vistosa e enviádesma por email a:

profeolallanantes@gmail.com

O último día para enviar é o venres 19 de xuño.

Non vos esquezades que publicarei todos os traballos recibidos.

Van quedar unhas portadas preciosas!!!

A profe Olalla

 

CIENCIAS NATURAIS

Mércores 10 de xuño de 2020

Buenos días niños/as.Risa

Como ya estamos en la recta final de este curso tan raroSelado, os adjunto una "última"Guiño actividad de repaso. 

Se trata de una presentación de PowerPoint para jugar y practicar uno de los temas más importantes que hemos visto este curso en CC.NN.

ANIMALES VERTEBRADOS

Deseo que os guste...y disfrutad todo lo que podáis de este verano que se va acercando.

Un beso y un fuerte abrazo.GuiñoSorrisoGuay

malonsolopez20@gmail.com

 

ACTIVIDADE COLECTIVA: FELICITACIÓNS DE ANIVERSARIO

Luns 8 de xuño de 2020

Bos días!!!:

Xa non queda case nada para que remate este curso tan diferente. Como hai nenos/as da clase que estarán de aniversario nos meses de xuño e agosto, imos realizar, como fixemos ata agora, unha  FELICITACIÓN DE ANIVERSARIO colectiva desde a distancia para cada un/unha deles/as.

Instrucións:

1. Escribides un só email cunha mensaxe para cada neno/a que está de aniversario e enviádesllo á profe. Podedes poñelo así:

  • Mensaxe para Xabi:
  • Mensaxe para Alba:
  • Mensaxe para Joel:
  • Mensaxe para Sabela G.:
  • Mensaxe para Hugo:

2. Os nenos/as que cumpren anos escriben un email coas mensaxes para os outros compañeiros/as e o agradecemento polas felicitacións. Tamén llo envían á profe.

3. A profe fai unha montaxe moi bonita con todas as achegas.

4. A profe envía as felicitacións e publícaas para que todos/as a vexades.

O procedemento é o mesmo que ata agora. A única diferencia é que en lugar de enviar un email cunha soa mensaxe escrita, hai que enviar un email con 5 mensaxes a:

profeolallanantes@gmail.com

A data límite para facer o envío é o venres 12 de xuño.

É importante que participedes TODOS/AS para que a felicitación estea completa.

Agardo as vosas mensaxes!

A profe Olalla

 

ACTIVIDADES PARA FACER NA CASA ÚLTIMA CORENTENA: Lengua, Lingua, Matemáticas e Valores 1.º EP

Luns 8 de xuño de 2020

 

ACTIVIDADES do 8 ao 19 de XUÑO

 

Queridas familias/nenos/nenas:

Nesta quincena imos rematar, repasar e valorar os contidos vistos nas semanas anteriores.

Nos documentos adxuntos podedes consultar as actividades programadas nas materias de Lengua Castelá, Lingua Galega, Matemáticas e Valores para os últimos 14 días de suspensión das clases e as probas de avaliación dos temas 11 e 12.

Non dubidedes en poñervos en contacto comigo a través do correo electrónico se tedes dúbidas, consultas...:

 profeolallanantes@gmail.com

 Comezamos XUNT@S !!!

 

Rematamos XUNT@S !!!

 

A profe Olalla

 

ACTIVIDADE COLECTIVA: SEMANA DA ARTE

Mércores 3 de xuño de 2020

Bo día a todos/as!!!! Que tal estades? Desexo que vos atopedes mooooooooi ben!!!

Imos alá coa actividade colectiva. Co mes de xuño chega a "Semana da Arte", unha proposta dirixida a todo o alumnado que levamos desenvolvendo no centro desde hai uns anos.

As circunstancias especiais nas que nos atopamos fai que teñamos que cambiar a súa organización, pero vai ser igual de interesante e moi divertida!

Trátase de que intentedes recrear unha obra de arte mediante composicións coa vosa figura e diferentes materiais e obxectos que teñades pola casa. Non fai falta facer composicións grandes nin complicadas. O importante é que participedes e poidamos gozar coas vosas creacións.

No seguinte enlace tedes as instrucións:

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipnantes/node/1857

Non esquezades facer os envíos á profe Isa:

clase.segundo.nantes@gmail.com

Seguro que coa vosa imaxinación e creatividade saen obras fantásticas!!!

Espero ver as vosas achegas.

 

A profe Olalla.

 

Actividades CC.SS.

Luns 25 de maio de 2020

Buenos días a tod@s. SorrisoSorriso

Esta semana (25 a 29 de mayo), la vamos a dedicar a CC.SS.

Vamos a repasar algunos aspectos importantes y para ello teneis a continuación todos estos enlaces a juegos interactivos (no olvidéis comprobar que teneis instalado y habilitado "Adobe Flash Player” para poder verlos), que nos van a ayudar de forma divertida:

La Localidad

Familia

Casas

Ciclo del Agua

Las Estaciones

Elementos del Paisaje 1

Elementos del Paisaje 2

El Día y La Noche

 

Igual que la semana pasada y como complemento (sobre todo, para aquellos que utilizais dispositivos "android") , tenemos a continuación los enlaces a estos vídeos:

Vídeo del Paisaje 

Vídeo del Ciclo del Agua

Vídeo del Aire

Vídeo del Paisaje de Montaña

Vídeo del Paisaje de Costa

*En algún caso, el vídeo es más extenso de lo que corresponde a 1º de Primaria, pero así ya os van sonando algunos conceptos...Risa

Un fuerte abrazoGuiñoSorrisoGuay

malonsolopez20@gmail.com

 

ACTIVIDADE COLECTIVA: #DígochoEu

Luns 25 de maio de 2020

Esta semana propóñovos como actividade colectiva que participedes nunha proposta moi interesante organizada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega do noso colexio.

Chámase #DígochoEu. Podedes ver en que consiste na páxina de inicio da web ou clicando aquí.

Nesta ocasión debedes mandar as vosas achegas ao email da profe Bea, de 4.º de Primaria:

cuartonantes@gmail.com

Seguro que aprendedes moito e o pasades xenial gravando os vosos vídeos!

 

A profe Olalla

 

Distribuir contido


by Dr. Radut