Skip to Content

Superlectores

CLUBE DE LECTURA "SUPERLECTORES" 2016-2017

 2016/2017

Ao igual que o curso pasado, desenvolvemos no colexio o Clube de Lectura entre o alumnado do piso superior.

Nesta ocasión houbo dous grupos: 3.º/4.º e 5.º/6.º de Primaria. Estes, reuníronse os martes e xoves, de maneira quincenal, durante a sesión do Proxecto Lector.

Esta fantástica actividade consiste en ler en grupo o mesmo libro e comentar o lido na casa, ademais de achegar as visións persoais sobre as diferentes historias.

Agardamos que ano tras ano o Clube dos Superlectores siga en

aumento!!!

 

XA TEMOS O PRIMEIRO LIBRO DESTE CURSO!!!

Xoves 19 de novembro de 2015

Que ilusión!!! "Os Superlectores" comezamos as nosas lecturas cunha fantástica colección de libros: AGATHA MISTERY.

Ao estilo dos famosos detectives, Agatha e Larry Mistery teñen que resolver en cada aventura misterios que axudan a agudizar o inxenio dos pequenos lectores.

 

Canta intriga. Ímolo pasar xenial

descubrindo todos estes misterios!!!

 

OS SUPERLECTORES RECIBIMOS AGASALLOS!!!

Xoves 18 de xuño de 2015

Este ano comezamos unha nova andaina no colexio: o clube de lectura. Ao longo do curso vivimos experiencias fantásticas que remataron o día do festival de fin de curso coa entrega de premios a todos os nenos/as participantes.

 

 

Animádevos a participar o vindeiro curso!!!

 

CONSTITUÍMOS O NOSO CLUBE!!!

O pasado xoves 16 de outubro constituímos o clube de lectura.

Xa temos nome!!! Somos os...

 

SUPERLECTORES

Clica na imaxe para acceder á galería.

 

O primeiro libro que imos ler vai ser unha historia fantástica, con saltos no tempo e no espacio, que nos levará a viaxar a mundos incribles e a coñecer a historia dos vikingos.

A que ten boa pinta???

 

Vémonos o xoves 30 de outubro!!!

 

1.ª REUNIÓN DO CLUBE DE LECTURA

 

O xoves 16 de outubro terá lugar a primeira reunión do clube de lectura. Nela constituiremos o equipo, decidiremos o nome, escolleremos un logo e elixiremos o libro que imos ler.

Se estás inscrito/a, non esquezas pasarte pola Biblioteca na hora do recreo.

Ata pronto!!!

COMEZA O CLUBE DE LECTURA!!!

Despos de tres días de intriga... por fin desvelamos a nova actividade que imos desenvolver no colexio:

 

O  CLUBE  D LECTURA

 

Se estás en 3.º, 4.º, 5.º ou 6.º de Primaria e queres vivir novas aventuras a través da lectura compartida de libros, non o dubides e apúntate ao clube de lectura.

 

Que días nos xuntaremos?:  o último xoves de cada mes.

Donde?: na Biblioteca do colexio.

A que hora?: durante o Proxecto lector.

 

Podes inscribirte o xoves 9 e o venres 10 de outubro.

 

ESPERÁMOSTE!!!

 

ALGO NOVO VAI PASAR...

ALGO NOVO VAI PASAR !!!

 

 FALTA...

DÍA.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut