Skip to Content

DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA

Novembro 2017

 

Este luns día 20 de novembro conmemoramos no CEIP de Nantes o Día Universal da Infancia.

Contamos coa visita de Helena, da ONG Plan Internacional, que nos veu a falar dos tan importantes dereitos dos nenos e das nenas: a educación, a alimentación, a vivenda… E de como nalgunha zona do mundo estes dereitos aínda non se respectan nin se cumpren.

 

 

Fixemos debuxos que pegamos na entrada do centro, así como un mural enorme con fotografías dos ollos de todos os nenos e nenas do cole co lema “Todos Diferentes, Todos Iguais”.

 


 

Iremos subindo as fotos da xornada no seguinte ENLACE!

 

Feliz Día Universal da Infancia!



paxina | by Dr. Radut