Skip to Content

SAMAÍN E MAGOSTO

Outubro 2017

Este martes 31 de outubro foi un día de festa no noso centro!

Realizamos o Samaín e o Magosto, dúas celebracións moi arraigadas e queridas na nosa zona.

Unha vez máis, os nenos e as nenas de CEIP de Nantes impresionáronnos coa súa orixinalidade na exposición de cabazas decoradas achegadas polas familias. Canta imaxinación!

 

 

 

Tamén realizamos xogos relacionados co Magosto utilizando castañas e un concurso de trompos entre o alumnado do centro. Os gañadores e as gañadoras serán os representantes do colexio nun concurso entre varios centros da zona o día 30 de novembro!

 

 

  

 

Logo chegou o momento de degustar as castañas e os bocadillos de chourizo. Que rico estaba todo!

 

 

Picando nas fotografías podedes acceder á galería!



paxina | by Dr. Radut