Skip to Content

SAÍDA AO PARLAMENTO DE GALICIA: 6.º Primaria

Mércores 8 de marzo de 2017

Con motivo da celebración do Día internacional da Muller, as alumnas e alumnos de 6.º de Primaria, xunto coa titora e a directora, asistimos a un pleno no Parlamento de Galicia, no que tamén estivo presente a ONG Plan Internacional para dar visibilidade ás mulleres.

Ademais de escoitar o pleno, tivemos a oportunidade de facer unha intervención. Iria, a nosa portavoz, leu un escrito elaborado por toda a clase onde defendemos e reivindicamos os dereitos das mulleres e nenas.

Previamente, os representantes de dita ONG, estiveron no centro para explicarnos a difícil situación na que se atopan moitas mulleres e nenas do mundo. Agasalláronnos cunhas pulseiras co lema "Por ser nena", un bolígrafo, unha camiseta, un pano e o libro "Icía quere cambiar o mundo". 

Todos os alumnos e alumnas, coincidimos en que foi unha experiencia marabillosa, moi significativa e que non esqueceremos facilmente.

(Podedes acceder á galería premendo nas fotografías)

 



paxina | by Dr. Radut