Luns 13 de marzo de 2017
Xa está aquí a III edición da Semana da Ciencia!!!, unha fantástica oportunidade para estimular a creatividade, o emprego do galego e a interacción entre pais/nais e fillos/as.
Anímate e participa!!!
BASES DO CONCURSO
QUEN PODE PARTICIPAR?
- Todos os alumnos/as do colexio en colaboración coas súas familias.
EN QUE CONSISTE?
- Na elaboración e exposición oral, en galego, dun proxecto "científico" que pode ser un experimento, un aparello mecánico, un invento...
DATAS IMPORTANTES:
- Data límite de presentación: venres 31 de marzo ás 10:00 h.
- Mostra temporal de todos os traballos na entrada do colexio: do 3 ao 7 de abril.
- Exposición oral dos proxectos: venres 7 de abril. Cada neno/a participante, coa axuda da súa familia (se quere ou pode), explicará aos demais en que consiste o seu proxecto científico. O idioma a empregar será o galego. No caso de presentar un aparello mecánico deberá poñelo en funcionamento.
QUE VAI PUNTUAR NA VALORACIÓN?:
1. A exposición oral:
- Emprego do galego.
- Expón só/con axuda.
- Posta en escena.
2. O produto final:
- Orixinalidade.
- Emprego de material de refugallo.
- Acabado.
- Posta en funcionamento.
PREMIOS:
- 1 premio ao mellor experimento.
- 1 premio ao mellor invento/aparello mecánico.
- 1 agasallo a todos/as os participantes.
AGARDAMOS QUE NOS SORPRENDADES CO VOSO INXENIO UN ANO MÁIS. SORTE A TOD@S!!!