Venres 10 de febreiro de 2017
Os nenos e nenas de Educación Infantil recibiron a visita, na Biblioteca do cole, de dúas "Contacontos" do Concello de Sanxenxo que lles contaron dúas fantásticas historias sobre animais. Os protagonistas foron un mono demasiado bromista que lles ensinou que non se debe gastar bromas pesadas; e un lobo e unha ovella que, a pesar das súas diferenzas, rematan facéndose amigos.
Foi moi divertido!! Grazas ás dúas monitoras!!