Skip to Content

SAÍDA AO TEATRO: Educación Infantil

Martes 21 de febreiro de 2017

Os alumnos e alumnas de 4.º, 5.º e 6.º de Educación Infantil, xunto coas súas titoras e a mestra de Música, asistiron ao teatro AFundación en Pontevedra para ver a obra "Osiño".

No camiño de ida, pararon a merendar nos arredores do Pazo de Cultura.

Logo proseguiron o camiño ata o teatro, onde observaron as esculturas que forman parte da decoración da entrada.

E... por fin ás 12:00 comezou a obra de títeres. Esta representación narra a vida diaria de Osiño ao longo de todo o ano. Osiño vivía coa súa nai e os seus amigos (o porquiño, o coello, os ratiños e os paxariños). En cada estación do ano, Osiño desfrutaba dunha aventura diferente: no inverno xogaba coa neve, na primavera o seu avó contáballe un conto, no verán ía ata a lúa en busca dun anaco de queixo para a súa nai, e no outono celebraba o seu cumpreanos, onde pediu o desexo de se converter en astronauta e poder voltar á lúa. 

Pasárono en grande!

 



paxina | by Dr. Radut