Skip to Content

SAÍDA AO TEATRO: 3.º e 4.º Primaria

Mércores 8 de febreiro de 2017

Esta mañá, os alumnos/as de 3.º e 4.º de Primaria fixeron unha saída a Pontevedra.

A primeira parada foi no Café Moderno. Na galería que dá ao xardín, a monitora faloulles sobre a arquitectura, nomeando a coñecidos arquitectos pontevedreses como De la Sota, ademais de amosarlles vídeos, mapas e planos. Logo, en pequenos grupos, os nenos/as fixeron un deseño de como sería para eles a súa aula ideal, empregando regras, compases, etc.

Ao rematar merendaron tranquilamente antes de ir ao teatro de AFundación a ver a obra: "Sandra e Meirol en Xistralia".

Dita obra acontece en Xistralia, un pequeno pobo situado ao sur de Galicia e norte de Portugal. Alí, os veciños/as estaban a preparar a Festa da Coca, e ensaiaban tocando diversos instrumentos musicais.

Nesa vila tamén vivía un parente da Coca, un monstro con dúas cabezas que se adicaba a raptar aos nenos e nenas para estragar dita festa.

Entón, chegou a Xistralia unha rapaza viaxeira que non sabía nada diso e, malia ser advertida polos veciños/as, remata sendo secuestrada polo monstro. Sen embargo, gracias a ela, descóbrese que non era tan malo como todos pensaban, e que soamente raptaba aos nenos/as porque se sentía moi só e quería compañía.

En xeral, a obra gustoulles moito, xa que resultou dinámica, participativa e animaba aos rapaces/as a subir ao escenario e formar parte da representación.

 

 



paxina | by Dr. Radut