Skip to Content

DÍA DA PAZ 2017

Luns 30 de xaneiro de 2017

Desde 1964, para conmemorar a morte de Gandhi, o 30 de xaneiro celébrase o Día Escolar da Non Violencia e a Paz, recoñecido pola UNESCO en 1993.

Nesta data lémbrase a necesidade da educación para a tolerancia, a solidariedade, o respecto aos Dereitos Humanos, a non violencia e a Paz.

No colexio conmemoramos este día con varias actividades.

Elaboramos un bonito mural que se pode ver na parede da entrada.

As alumnas e alumnos de 6.º de Primaria leron frases célebres en favor da Paz e a Non Violencia.

Por último, caracterizados coas nosas máscaras en forma de pomba, grabamos un vídeo coa canción "Un beso Redondo" da cantante Conchita.

   En breve poderedes ver o vídeo!

(Clicade nas fotografías para acceder á galería)

 

 



paxina | by Dr. Radut