Skip to Content

DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

Venres 25 de novembro de 2016

Cada 25 de novembro conmemórase o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, que non só busca crear conciencia sobre este tema, senon que tamén trata de impulsar iniciativas para erradicala a nivel mundial.

Desde o C.E.I.P. Plurilingüe Nantes rexeitamos calquera tipo de violencia, polo que nos sumamos a este movemento coa elaboración dun mural e unha concentración a modo de repulsa. O alumnado de 5.º de Primaria foi o encargado de elaborar e ler un manifesto.

Aquí tedes unha mostra da nosa iniciativa!

concentración do alumnado de nantes contra a violencia de xénero

 

 



paxina | by Dr. Radut