Skip to Content

OS NENOS/AS DE 5.º LEN EN 2.º (E VICEVERSA)

Martes 11 de outubro de 2016

Hoxe recibimos unha sorpresa moi especial na clase de 2.º. Os nenos e nenas de 5.º de Primaria, acompañados do seu titor, viñeron lernos un conto fantántico e moi curioso: "A vaca que puxo un ovo".

Que estraño!!! Desde cando as vacas poñen ovos??? Esa era a gran pregunta...

 

 

 

 

 

 

Se queredes saber como remata esta divertida historia, só tedes que coller o libro na estantería de cor azul da Biblioteca.

Seguro que vos encanta tanto como a nós!!!

 

Martes 25 de outubro de 2016

Os nenos e nenas de 5.º volven visitarnos para lernos o conto "Arco da Lúa" da editorial Kalandraka. Que bonita historia!!!

Non dubidedes en botarlle unha ollada na Biblioteca.

 

Martes 22 de novembro de 2016

Chega a 3.ª sesión de contacontos. Nesta ocasión desfrutamos da lectura de "Croco", un libro que nos ensina que, aínda que sexamos pequenos, temos que afrontar as nosas necesidades e actuar con independencia.

Mirade que maiores nos estamos facendo!!!

 

Luns 5 de decembro de 2016

Nesta 4.ª sesión de contacontos viaxamos ao espazo para coñecer "Cosmo e a estrela perdida", una bonita historia na que Cosmo, un colecionista de estrelas, bota en falta un exemplar da súa colección.

Será quen de encontrala???

 

 Venres 16 de decembro de 2016

Despois dun trimestre de lecturas por parte dos nen@s de 5.º na nosa aula... chegou o momento de cambiar as quendas.

As nenas e nenos de 2.º, tras uns días de preparación e cargados de moita ilusión, fomos ler o conto "La rana Sapi", unha doce historia na que a ra Sapi quere converterse nun príncipe, pero para iso precisa un bico.

Conseguirá o seu propósito???

 Foi unha experiencia incrible. Agardamos repetila!!!



page | by Dr. Radut