Skip to Content

FESTIVAL DE FIN DE CURSO

Martes 21 de xuño de 2016

Despois dun ano cheo de actividades e moitas emocións... chega o momento de dicir adeus.

Hoxe celebramos o festival de fin de curso, que novamente estivo presentado de maneira excepcional polos nenos e nenas de 6.º curso de Primaria.

Houbo:

BAILES           OBRAS DE TEATRO           CANCIÓNS          MÍMICA...

 

 

 

 

 

 

 

 

Ao rematar as actuacións chegaron os momentos máis difíciles. AS DESPEDIDAS!!!

Toca dicir adeus aos nenos e nenas de 6.º de Primaria. Moita sorte na viaxe que comezades en setembro!!!

Os cativos/as de 6 anos despedíronse da etapa de Infantil para iniciar unha nova aventura en Primaria.

E por último chegou a despedida da profe Flora. Imos botarte moito de menos pero desexamos que sexas moi feliz no teu novo colexio.

Despois de tanta emoción, puxemos punto e final coa entrega de premios aos gañadores do Concurso de Actividades Plásticas e Redacción, e os diplomas aos integrantes do clube de lectura.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

CANTOS RECORDOS NOS LEVAMOS!!!

 

Todo o claustro de mestres/as desexamos que

pasedes uns vacacións fantásticas e

agardámosvos cos brazos moooooi abertos en

setembro.

 

(Para acceder á galería, premede nas fotografías)

 



page | by Dr. Radut